Domingo, 05 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Lunes, 04 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas acomete a humanización da rúa San Roque

O Concello de Ponteareas ven de anunciar a humanización da rúa San Roque que une o centro urbano co río Tea na Ponte dos Remedios.


 A primeira, que será licitada nos vindeiros días e executada no segundo trimestre deste ano, consiste na reforma do tramo que une a Rúa dos Ferreiros coa Avenida de Castelao. Trátase dunha rúa sen apenas beirarrúas e moi degradada e abandoada, onde os veciños que queren achegarse ao río deben camiñar pola calzada. Co proxecto de humanización a rúa transformarase totalmente pensando no tránsito de persoas de forma segura e cómoda. O investimento aprobado para as obras ascende a 171.693,07 €.


A segunda fase realizarase no tramo que discorre entre a Avenida de Castelao, Parque de San Roque e a Ponte dos Remedios. Este tramo atópase tamén, ao igual que o anterior, especialmente deteriorado, sen case beirarrúas e con arborado situado na calzada. O goberno local dispón xa dun estudo de renovación da rúa elaborado por un equipo de técnicos no que se contempla a dotación de amplas beirarúas, aparcamento e arborado, convertendo esta rúa nun amplo paseo de acceso ao río Tea.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.