GALICIA
Feijóo reúnese coa multinacional Bright Dairy&Food para "seguir fortalecendo as relacións comerciais entre Galicia e China"
O presidente do Goberno galego mantivo en Santiago un encontro co vicepresidente desta compañía, Pu Shaohua, a quen lle agradeceu que a súa matriz, Bright Food, invitase á Xunta, ademais de a 14 empresas galegas, a participar na I Feira de Importación de China celebrada en novembro
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse esta semana con Pu Shaohua, máximo responsable de Bright Dairy&Food, a división láctea da multinacional chinesa Bright Food, co obxectivo de avanzar na exploración de novas oportunidades, tanto a nivel de investimento como de comercialización, que consoliden as relacións entre Galicia e China. De feito, o encontro prodúcese dentro da visita que está a realizar á Comunidade para visitar empresas do sector agroalimentario.
Este encontro, que tamén permitiu avaliar os investimentos xa realizados por Bright Food en Galicia, e, de maneira particular en Albo, prodúcese despois da misión comercial que o propio presidente autonómico encabezou a China en 2017 para presentar a calidade dos produtos galegos e que tivo a súa continuidade en novembro do ano pasado cando a Xunta, acompañada por 14 empresas galegas do sector alimentario, foron invitadas por Bright Food para participar na I Feira de Importación de China celebrada en Xangai. Neste sentido, Feijóo aproveitou a reunión de hoxe para agradecerlle persoalmente a Pu Shaohua a invitación da multinacional chinesa para que Galicia puidese participar nesta feira internacional polo que pasaron máis de 150.000 persoas.
Esta reunión, que serviu para avaliar os investimentos xa realizados por Bright Food en Galicia, enmárcase dentro da visita que a multinacional está a realizar a Galicia para visitar diferentes empresas do sector agroalimentario
Bright Dairy&Food conta con 15 marcas distintas coas que, a través de 600.000 puntos de venda, comercializa en China produtos de toda a cadea láctea. Trátase da terceira compañía con maior facturación de produtos lácteos de China con 30.000 millóns de euros. Por este motivo, a posibilidade de alcanzar novos acordos comerciais preséntase como unha oportunidade para seguir fortalecendo as relacións comerciais co obxectivo de incrementar as exportacións de Galicia ao país asiático, que medraron un 6,7% durante o ano pasado.
Tras bater Galicia o seu récord de exportacións en 2018, un dos retos principais do Goberno galego para mellorar a competitividade do tecido produtivo pasa por seguir impulsando a súa internacionalización. Neste sentido, cómpre destacar que Pu Shaohua aproveitará a súa presenza na Comunidade para visitar varias empresas vinculadas ao sector agroalimentario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218