Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 02 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Os habitantes da vivenda tutelada comparten cociña e mesa coa alcaldesa de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, tivo esta semana unha cita moi especial concertada o pasado 4 de febreiro na presentación da vivenda tutelada de COGAMI no Rebullón. Quedou cos seus cinco habitantes para preparar a cea e compartir unha velada chea de confidencias, traballo en equipo e divertidas anécdotas. Arévalo, rexedora local mosense, declarou tras a experiencia que “estou feliz. Grazas a COGAMI por darme esta oportunidade de compartir cociña e mesa cos integrantes da súa vivenda tutelada. Grazas de corazón. Foi unha verdadeira honra compartir este momento con este grupo de persoas que buscan ter máis oportunidades”.

 

Cinco das corenta e dúas persoas usuarias que ten o centro de recursos que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten en Mos (COGAMI) vivirán durante dous meses e medio na vivenda tutelada e totalmente adaptada en Mos. Son Ramón, Antonio, Vanesa, Nara e Araceli os compañeiros de vivenda que estrean o novo proxecto piloto.

 

Na preparación da cea e posterior degustación participou tamén Ángel Holguera, presidente provincial de COGAMI. O menú constou dunha ensalada completa de primeiro, macarróns boloñesa gratinados de segundo e de postre tulipas de fresas con nata.

 

Baixo o nome de Independízate, COGAMI botou a andar un proxecto co que se pretende mellorar a calidade de vida e, sobre todo a autonomía das persoas con discapacidade física. O obxectivo é adestrar a 15 persoas en habilidades para a vida autónoma, polo tanto, as persoas participantes teñen a oportunidade de convivir nun espazo adaptado, tendo a disposición persoal de apoio que lles acompaña no seu proceso de aprendizaxe e adestramento. A posta en funcionamento deste servizo é un recurso de vivenda tutelada para persoas con algún grao de dependencia e que precisen nun futuro deste tipo de servizo.

 

Este proxecto vai dirixido tanto a persoas que contan con axuda dunha terceira persoa como tamén para as que non a teñen. Todas elas teñen que realizar tarefas propias para desenvolverse do xeito máis autónomo posible e traballar aspectos básicos da economía familiar, control de gastos, a xestión de compras, así como o aseo e coidado persoal, as tarefas de limpeza do fogar e o tempo de lecer ou esparexemento tanto dentro como fóra da vivenda.  A convivencia implica tamén acudir a citas médicas ou facer calquera outra xestión administrativa. O proxecto contempla un servizo de acompañamento e transporte que lles facilita estas tarefas.

 

Para a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, este proxecto é “un exemplo de igualdade para que todas as persoas teñamos as mesmas oportunidades “. A alcaldesa felicitou a COGAMI por “ter unha vivenda onde as persoas usuarias se sintan totalmente integradas, onde poden ter a súa independencia total”.

 

O equipo de profesionais que leva a cabo o proxecto está formado por 2 persoas coidadoras, unha traballadora social, unha terapeuta e unha pedagoga que teñen como misión o acompañamento no desenvolvemento de obxectivos individuais que posibiliten a vida autónoma das persoas participantes, así como o acompañamento e apoio no desenvolvemento das actividades que se vaian organizando no proxecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.