Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 02 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Lete Lasa visita A Cañiza, Arbo, Salvaterra e Redondela onde executará obras en 2019

O importe total das actuacións en Pontevedra chegará aos 1,35 millóns de euros dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achegará medio millón de euros

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta semana os concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo, Salvaterra de Miño e Redondela onde, acompañado polos responsables locais, achegouse ás instalacións deportivas que serán obxecto de reforma ao longo deste 2019. En total, na provincia de Pontevedra realizaranse obras en 22 concellos que alcanzarán os 1,35 millóns de euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros.

 

No caso da Cañiza, o responsable do Deporte, acompañado polo alcalde Miguel Domínguez, galego desprazouse ata o complexo deportivo  municipal formado pola piscina climatizada, casa de cultura, cine Paradanta e ximnasio. A Secretaría Xeral para o Deporte realizará a cuberta das pistas de pádel que se atopan dentro do solar do complexo. Esta actuación terá un investimento total de 48.386,91 euros dos que a Xunta de Galicia achegará 40.000.

 

Tamén en Salvaterra de Miño, a Secretaría Xeral para o Deporte levará a cabo a construción dunha nova pista de pádel que completará as instalacións deportivas do Casal, na zona de Os Ramallás. Esta nova pista terá un custo duns 47.819,08 euros achegados integramente pola Xunta de Galicia. O secretario xeral, acompañado pola tenente de alcalde, Marta Valcárcel, destacou o crecemento dun deporte que “aínda non chegou ao seu punto álxido como o pádel” e apuntou que “a oferta de instalacións deportivas do Goberno autonómico sempre será coherente coas demandas da poboación coa fin de que cada vez máis persoas practiquen actividade física”.

 

 

 

 

A Secretaría Xeral para o Deporte realizará a cuberta das pistas de pádel que se atopan dentro do complexo deportivo da Cañiza así como construirá unha nova pista na instalación do Casal en Salvaterra

 

 

 

 

En Arbo, o titular da carteira autonómica de Deporte mantivo unha breve reunión co alcalde, Horacio Gil co que tratou a próxima actuación no pavillón municipal de Arbo no que a Xunta de Galicia investirá 15.000 euros. As obras de mantemento terán como obxecto a substitución de panel sándwich de cuberta sobre os vestiarios, reparación de canalóns da anterior cuberta, pintado de vestiarios con reparacións puntuais e substitución porterías fútbol.

 

Cara o final da mañá, Lete Lasa visitou o concello de Redondela para acudir ao pavillón municipal de Chapela que desde o mes de novembro tomou o nome de Manuel González Soto, ex presidente do Balonmán Chapela, tristemente falecido en xaneiro. Xunto ao alcalde, Javier Bas, o secretario xeral repasou as obras varias que se realizarán no pavillón ao longo deste 2019 e que se ocuparán da nova distribución zona ximnasio, acondicionamento espazos,  instalación de falso teito e pintado por un importe de 39.964,57 euros achegados pola Xunta de Galicia.

 

A Secretaría Xeral para o Deporte realiza unha aposta decidida neste 2019 polas infraestruturas deportivas. Nos orzamentos iniciais de 2018 destinábanse un total de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia  Para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte destinará unha contía de 4.184.217 euros -un 47% máis que o destinado inicialmente en 2018-.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.