GALICIA
A Xunta abrirá en Vigo unha oficina de apoio e asesoramento en responsabilidade social empresarial
A RSE Innolab, que se presentará e abrirá ao público o 13 de marzo, estará emprazada na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)
A Xunta abrirá o próximo 13 de marzo en Vigo -na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)- unha oficina de apoio e asesoramento ás empresas interesadas en implantar modelos de xestión baseados na Responsabilidade Social Empresarial (RSE). A Consellería de Economía, Emprego e Industria organizará na data prevista para apertura do servizo RSE Innolab unha xornada na que dará a coñecer ás compañías interesadas os obxectivos deste proxecto e as actividades que se levarán a cabo.
Poderán solicitar información e asesoramento empresas con sede en Galicia, o norte de Portugal, Castela León e Estremadura, xa que RSE Innolab forma parte do proxecto europeo Xeración de emprego de calidade transfronteirizo (Poctep Gemcat) do que son socias estas rexións.
A nova oficina ofrecerá información xeral sobre a RSE e os programas de axudas e ferramentas neste ámbito, así como formación para o deseño e impulso de novos proxectos transfronteirizos. Así mesmo, deseñaranse experiencias innovadoras a través de encontros entre empresas e eventos de networking, ao tempo que se identificarán ideas innovadoras neste campo. Do que se trata é de achegar solucións concretas aos desafíos da RSE e servir de mentor ás firmas interesadas en establecer un plan de acción neste eido. Así mesmo, búscase recompilar e estudar boas prácticas de éxito nesta materia para difundilas e poder implantalas no ámbito territorial do proxecto Gemcat.
Na xornada de lanzamento desta iniciativa daranse a coñecer as actividades que se desenvolverán entre as que destacan información e formación sobre RSE, a identificación de ideas innovadoras e o deseño de novas experiencias neste campo a través de encontros entre empresas e eventos de networking
As compañías interesadas en recibir asesoramento poden solicitalo a través do mail rseinnolab-g@gemcat.eu; a páxina web www.rseinnolabgal.com ou a través do número de teléfono 664607330. Os interesados en participar na xornada de presentación do novo servizo tamén poderán inscribirse a través destas vías. A xornada será participativa e dinámica, xa que os asistentes poderán participar no Photocall RSEmpresarial, unha actividade coa que se pretende crear un marco que posibilite o intercambio de experiencias vinculadas á RSE e á sustentabilidade.
Os principais obxectivos que se perseguen coa xornada son motivar ás empresas para que participen e aproveiten as actividades que se levarán a cabo no centro RSE-Innolab; crear e propiciar un marco para o intercambio de experiencias, estratexias e sensibilidades, vinculadas á RSE e á sustentabilidade; e aumentar a promoción da RSE entre as empresas transfronteirizas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217