GALICIA
A Xunta forma ao persoal dos GES no manexo da moto acuática de rescate
Esta iniciativa desenvolveuse dentro do convenio recentemente asinado pola Administración autonómica para a cesión de 6 motos de auga a outros tantos concellos para o rescate en zonas de pouco calado, con ondas e rompentes
A Xunta, a través da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), está a impulsar a capacitación dos membros do GES para o manexo de motos acuáticas de rescate en zonas costeiras de pouco calado, pero con ondas e rompentes. Esta iniciativa desenvolveuse trala recente sinatura do convenio para a cesión de seis motos acuáticas a outros tantos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) co fin de incrementar a súa capacidade de resposta ante emerxencias en lugares de costa con esas características.
Á xornada formativa, que tivo lugar nas instalacións da Federación Galega de Motonáutica e no Porto de Bouzas, asistiron membros do GES de Valmiñor, Muros, Sanxenxo, Cervo, Ortigueira e Ponteceso
Por iso, á xornada formativa, que se realizou nas instalacións da Federación Galega de Motonáutica e no Porto de Bouzas, asistiron os integrantes do GES de Valmiñor, Muros, Sanxenxo, Cervo, Ortigueira e Ponteceso, que recibiron, primeiramente, unha preparación teórica para o exame do Título de Patrón de Motonáutica e, a continuación, unha formación básica de mantemento e seguridade. Finalmente, remataron a xornada cunhas prácticas de manexo para acadar maior firmeza e seguridade no manexo destas motos.
O xerente da AXEGA, Marcos Araújo, destacou a importancia desta xornada formativa por canto supón aumentar a capacidade de resposta do GES ante as situacións de perigo que se poidan dar en zonas de costa con características específicas e mesmo a colaboración que estes organismos poden prestar en outras zonas onde sexa necesario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218