Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 04 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición de “Depo Aventura A Lanzada”

Os campamentos da Deputación de Pontevedra estarán organizados en 11 quendas entre xuño e setembro e nas que participarán 2.200 nenos e nenas

Desde este luns 4 de marzo e ata o vindeiro 26 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para participar en "Depo Aventura A Lanzada", un programa da Deputación de Pontevedra organizado no Centro de Vacacións da Lanzada e que este ano volverá a contar con once quendas que arrancarán o 23 de xuño e rematarán o 7 de setembro.

 

O programa da Deputación de Pontevedra, que ten por obxectivos achegar á mocidade actividades que contribúan ao seu enriquecemento persoal, á adquisición de habilidades sociais e ao coñecemento de espazos de interese fóra da súa contorna habitual, está ideado para rapazas e rapaces de entre 8 e 13 anos (nacidos entre o 2006 e o 2011). “Depo Aventura A Lanzada” permite que 2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu contorno habitual.

 

Igual que nas anteriores o programa dividirase en quendas de 7 días de duración. En concreto "Depo Aventura A Lanzada 2019" estará organizado en 11 quendas. A primeira delas comezará o 23 de xuño e rematará o 29 e as seguintes serán do 30 de xuño ao 6 de xullo, do 7 ao 13 de xullo, do 14 ao 20 de xullo, do 21 ao 27 de xullo, do 28 de xullo ao 3 de agosto, do 4 de agosto ao 10, do 11 ao 17 de agosto, do 18 ao 24 de agosto, do 25 ao 31 de agosto e, a última quenda, do 1 de setembro ao día 7.

 

En total, as prazas ofertadas pola institución provincial para este campamento de verán ascenderon a 2.200, sendo 315 delas gratuítas para aquelas familias que se atopen en situación ou risco de exclusión social, algo que o goberno de Carmela Silva leva facendo dende a súa chegada. O resto das inscricións terán un custe de 100 euros e 80 nos casos de pertencer a familias numerosas, en ambos casos a Deputación de Pontevedra financia o valor restante ata chegar aos 200 euros que valen cada unha das prazas de “Depo Aventura A Lanzada”.
Os nenos e nenas participantes terán a súa disposición un programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia (algunhas destas actividades en lingua inglesa), aloxamento en tendas de campaña no campamento, manutención en réxime de pensión completa, material necesario para as actividades, un equipo técnico especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, actividades náuticas e lingua inglesa e atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes

 

Preferiblemente as solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra. As persoas que desexen optar ás prazas subvencionadas poderán facelo a través dos servizos sociais comunitarios do seu concello. As solicitudes para poder participar no programa poderán ser individuais ou múltiples no caso de que irmás ou irmáns queiran ir na mesma quenda.

 

Unha vez pechado o prazo de inscrición, ao igual que nas pasadas edicións, realizaranse un sorteo para outorgar as 200 prazas dispoñibles en cada unha das once quendas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.