VIGO
A comarca de Vigo acolle este mes de marzo 21 novas accións formativas de “SmartPeme”
O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia
As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de marzo un total de 21 accións formativas (7 en cada unha delas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
As quendas para o mes de marzo na oficina de Vigo comezan o martes 5, ás 19 horas con “O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram”. A seguinte acción será “Como promocionar o teu propio evento en redes sociais”, o xoves desa mesma semana á mesma hora. O curso “Mini aplicacións de transformación dixital” chegará a Vigo o martes 12 tamén ás 19 horas. O xoves 14, ás 18 horas, impartirase “Mellora a túa páxina web e posiciónaa en buscadores”. O xoves da seguinte semana, ás 19 horas, será a quenda de “Bokeh, domina a técnica do desenfoque selectivo”. O curso “Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a túa presenza en liña” chegará o luns 25 de marzo ás 17 horas. E, para rematar, “Xestiona o teu negocio dende o móbil” terá lugar o martes 26 ás 19 horas.
A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: “As vantaxes de Instagram para a promoción de establecementos turísticos”, o martes 5 de marzo, ás 17 horas. O xoves 7, ás 18 horas, terá lugar “Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics”. O martes da seguinte semana, ás 19 horas, impartirase “Que é a publicidade nativa e porque debería empregala?”. A seguinte será “O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram”, o xoves 14 ás 19 horas. A quenda de “Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais” será o xoves 21 de marzo, ás 19 horas. Por outra banda, o martes 26 á mesma hora, terá lugar o obradoiro “Fotografía de produto: todo o que debes saber”. E, xa por último, o xoves 28, tamén ás 19 horas, “Accións de marketing en Linkedin para empresas e autónomos” será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
Finalmente, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: iníciase o martes 5 de marzo, ás 18 horas, co curso “Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics”. “Fotografía de produto: todo o que debes saber” chegará o xoves 7 ás 19 horas. O martes da seguinte semana, ás 19 horas, impartirase “Social Media Listening: O que se di do teu negocio no Internet”. A acción “Vende os teus produtos en Facebook e Instagram” terá lugar o xoves 14 tamén ás 19 horas. O xoves 21 de marzo, ás 17 horas, chega “As vantaxes de Instagram para a promoción de establecementos turísticos”. O martes 26, ás 19 horas, impartirase o curso “Accións de marketing en Linkedin para empresas e autónomos”. E, por último, o xoves desa mesma semana, tamén ás 19 horas, terá lugar “Mini aplicacións de transformación dixital”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217