VIGO
A Xunta investirá máis de 40 millóns de euros nas obras da nova Cidade da Xustiza de Vigo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou hoxe que tivo que realizarse unha modificación do proxecto para garantir a seguridade tras constatar a existencia de notables deficiencias nas construcións auxiliares que obrigarán a demolelas e construílas de novo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o orzamento que se destinará finalmente as obras da nova Cidade da Xustiza ascenderá a algo máis de 40 millóns de euros, isto é, uns 10 millóns máis que a contía prevista inicialmente.
Así o sinalou esta mañá durante unha visita ao edificio, na que estivo acompañado por asociacións da zona e polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. Alí explicou que este incremento do orzamento débese a unha modificación do proxecto que é preciso acometer para garantir a seguridade tras constatar a existencia de notables deficiencias nas construcións auxiliares que obrigarán a demolelas e construílas de novo.
Coa nova Cidade da Xustiza, dotarase a Vigo dunha infraestrutura xudicial moderna, que concentrará todas as dotacións xudiciais e duplicará o espazo que existe actualmente. Ademais, todo isto realizarase grazas á recuperación dun inmoble histórico e emblemático para a cidade.
Recordou que a Administración autonómica xa está a traballar en dotar de contido aos edificios xudiciais da rúa Lalín
Edificios da rúa Lalín
A Xunta tamén está traballando xa para dotar de contido aos edificios dos xulgados da rúa Lalín, cando estes se trasladen ás instalacións da nova Cidade da Xustiza.
En concreto, a Administración autonómica xa ofreceu un dos edificios ao Ministerio de Cultura para ubicar a Biblioteca do Estado. Ademais, está en contacto coa Universidade de Vigo para cederlle o outro edificio -ou os dous, se non hai biblioteca- para que conte cunha sede no centro da cidade que poida dedicar á actividade docente.
En definitiva, o Goberno galego está a traballar para dotar á cidade de Vigo de máis e mellore infraestruturas e servizos para a veciñanza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217