O PORRIÑO
A empresa encargada da recollida de basura suspende o servizo
Alejandro Lorenzo asegura que as facturas pendentes sumarían xa os 5.000.000 de euros
A empresa encargada da recollida de basura ven de cumplir a súa advertencia de suspensión de servizo "como consecuencia de máis de dous anos de impagos" segundo aseguran dende o PP local.
O Concello do Porriño "arrastra unha débeda co grupo empresarial que supera xa o millón de euros, non só pola recollida e transporte de resíduos urbanos nas parroquias, polígonos industriais e casco urbano, senón por outros traballos realizados para o Concello como a instalación dunhas barandillas en Cans, Pontenova e Mosende, ou a disposición dos contenedores do lixo, papeleiras e pipicans; todos eles prestados sen contrato ou sen partida orzamentaria, que tampouco foron abonados" aseguran nunha nota de prensa emitida dende o PP do Porriño.
"Cabe destacar que a facturación desta empresa, que prestaba o servizo dende xaneiro de 2017, foi rexeitada de maneira sistemática pola coalición PSOE-UDDL, tachando o conforme inicial do concelleiro delegado facendoas desaparecer da contabilidade municipal. Facturación que debería ser aboadas mediante o correspondente decreto por parte deste Goberno Municipal, xa que a maioria delas, a pesares de non ter contrato algún, si contan con partida orzamentaria" segundo explican.
"Como vimos denunciando existen centos de facturas rexeitadas polo Goberno Municipal coma estas, por un importe que ascendería xa a 5 millóns de euros", apunta o presidente dos populares, Alejandro Lorenzo, ."A débeda que arrastramos por esas facturas que están "no caixón" sigue engordando. As empresas e autónomos que prestaron servizos ao Concello continúan sen cobrar pola irresponsabilidade dun Goberno que se nega a dar explicacións e intenta responsabilizar á oposición da súa xestión, que como estamos a ver acarrea graves consecuencias non só para os empresarios e os seus empregados que se quedan sen traballo, senón para toda a cidadanía do Porriño ".
O Grupo Municipal do Partido Popular convocará un pleno extraordinario solicitando a comparecencia da Alcaldesa e dos concelleiros implicados
"Ausencia de contrato, exceso de importe contratado ou imposibilidade de contratación, son algúns dos motivos que a Alcaldesa e os seus concelleiros esgrimían para non aboar estes pagos, comunicando ás empresas afectadas a devolución de ditas facturas. A rexedora ainda vai máis lonxe no seu intento de ocultar a realidade deste desastre económico, sinalando que as facturas non se pagan por culpa oposición, concretamente do PP, cando a realidade é que foron rexeitadas polo Goberno Municipal e nunca foron a pleno. A competencia para abonar estes pagos é da Alcaldesa. A prestación destes servizos, a execución destas obras ou a entrega e instalación destes subministros son demostrables, sendo público e notorio, existindo partes dos encargados municipais e téndose publicado incluso en diferentes medios de comunicación a través de notas de prensa remitidas dende a propia Alcaldía" aseguran os populares.
A modo de exemplo, sinalan "o caso da Piscina Municipal". "A empresa realiza un servizo mensual que leva anos prestando, polo cal o Concello ingresa na súa conta o diñeiro das Taxas Municipais polo uso da piscina (do mesmo xeito que se ingresan pola recollida de basura). A empresa encargada do servizo presenta as facturas e o Goberno Municipal non as conforma e rexeita por ausencia de contrato. A debandita empresa, que en 2017 presentou o Contencioso 99/2017 Xulgado Contencioso Administrativo Nº2 de Pontevedra para que se lle abonaran as facturas pendentes, non cobra polos seus servizos dende abril de 2017 e se lle adeudan uns 420.000 euros" segundo sinalan dende o PP.
Os populares, que xa puxeron estes feitos en coñecemento dos órganos competentes, reiteran que "se trata dunha práctica xa habitual dun Goberno Municipal que esquiva a fiscalización da facturación do Concello eludindo a toda costa a súaresponsabilidade e solicitan a comparecencia en pleno da Alcaldesa, Eva García, e dos concelleiros implicados para dar conta do procedemento seguido para o impago ou devolución desta facturación, ante o resto de forzas políticas e ante os veciños e veciñas do Porriño que pagan as taxas para que se preste este servizo. Solicitarán tamén que se desglose toda a facturación rexeitada e se de conta da débeda real e dé as pertinentes explicacións ás empresas e autónomos damnificados".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163