TOMIÑO
Os veciños de Tomiño non recibirán unha rebaixa do 10 % nos recibos do lixo
Esteban González Miranda amosa o seu malestar porque non se solicitou o desconto en benefico dos veciños
O candidato do PP á Alcaldía de Tomiño e portavoz municipal, Esteban González Miranda, lamenta que "os veciños se vexan perxudicados pola falta de xestión do actual equipo de goberno municipal, que non tramitou a solicitude da rebaixa do 10 % do canon de Sogama, tal e como fixeron o 77 % dos municipios galegos adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos".
Deste xeito, os veciños de Tomiño "non se beneficiarán dunha rebaixa do 10 % no pagamento do recibo de recollida de lixo correspondente á aportación a Sogama tal e como van facer os residentes en 229 municipios galegos que sí optaron por acollerse a esta oportunidade ventaxosa que ofrece este ente público".
Sogama ofrecía ata o 25 de febreiro de 2019 a todos os concellos adheridos ao seu modelo de xestión do lixo a posibilidade de acollerse a esta rebaixa do 10 % de aplicación directa aos usuarios. O trámite a seguir era sinxelo e consistía en solicitar por escrito a Sogama a aplicación da bonificación referida antes desa data e asumir, por parte do Concello, o compromiso de trasladar dita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo. Finalmente o Concello tíñase que comprometer tamén á adopción de medidas orientadas cara á reducción da producción de residuos e/ou o incremento e fomento da reciclaxe.
O 77 % dos municipios adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos se beneficiarán da medida
González Miranda califica de "inaceptable a decisión do goberno municipal de renunciar a esta bonificación no recibo do lixo, para así seguir recaudando máis en dita taxa; e así facer frente a sentencia que obrigará ao Concello a pagar a empresa Urbaser máis de 100 mil euros por incumprimento do contrato o non levar a cabo a actualización do IPC destes anos, sen importarlle o máis mínimo o aforro que disfrutarian os veciños".
Ademais da publicación no DOG, a empresa pública remitiu cartas a todos os concellos adscritos ao seu sistema explicando a iniciativa, que se reforzaron posteriormente con correos electrónicos nos que se profundizaba na mesma.
Tendo en conta estas circunstancias, González Miranda amosou o seu malestar pola “incomprensible falta de reflexos” da alcaldesa, Sandra González, do BNG, lamentando o seu alto custe tanto para o Concello como para os veciños. "De terse remitido a solicitude, veriamos reducido o recibo do lixo, que este goberno aumento en mais do 100%para as vivendas, e o comercio e hosteleria nun 300%, lembrou o candidato do PP.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49