MOS
Comezan as charlas informativas do plan municipal contra a Vespa Velutina
A primeira reunión terá lugar hoxe mércores 6 de marzo ás 20.30 horas no Pazo de Mos
O Concello de Mos en colaboración con apicultores de Mos organiza, dentro do seu plan anual contra a Vespa Velutina, charlas nas distintas parroquias do municipio para repartir trampas e os líquidos que deben conter as mesmas, así como para explicar paso a paso a fabricación de trampas caseiras.
A primeira destas reunións informativas terá lugar ás 20.30 horas, e celebraranse hoxe mércores, día 6 de marzo, no Pazo de Mos.
As trampas están destinadas á regularización e captura de raíñas fundadoras deste insecto. Desta maneira trátase de reducir a poboación do mesmo menguando así o número de niños de Vespa Velutina para tranquilidade da poboación, e para evitar os custes que supón a desactivación dos devanditos niños unha vez formados, reducir os danos en cultivos fructícolas e contribuir á protección das abellas autóctonas. As zonas próximas a ríos e regatos son as máis perigosas.
Este plan anual municipal contra a Vespa Velutina realízase no Concello de Mos por cuarto ano consecutivo, nesta ocasión reforzado cunha escopeta de aire comprimido para poder abatir os niños de difícil accesibilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116