SALCEDA DE CASELAS
O Grupo Socialista denuncia a "irresponsabilidade" do goberno con 1.400 facturas pendentes
1 millón de euros gastados sen partida orzamentaria
O próximo venres 8 de marzo o pleno de Salceda debaterá sobre este novo Recoñecemento Extraxudicial de crédito
O Grupo Socialista denuncia a irresponsabilidade do grupo de goberno en relación con 1.400 facturas que o goberno ten pendentes de pago, que ascenden a un millón de euros que o alcalde gastou sen ter orzamentos para facelo.
Dende o grupo municipal socialista, explican que “o recoñecemento extraxudicial de crédito está pensado para casos moi excepcionais, para ofrecer servizos básicos que non poden deixar de funcionar. Esta figura pode ser entendible en algúns casos, como xa se fixo no pasado de modo claramente xustificable. Pero o que fixo o señor alcalde, foi gastar os cartos da veciñanza, de maneira totalmente anárquica, pagando facturas de claramente electoralistas e deixando sen partida os servizos esenciais. Dende logo, non se pode considerar de extrema necesidade os gastos de publicidade, por exemplo. “Estamos pagando avogados e publicidade e deixando de pagar gastos correntes como a electricidade ou a limpeza”.
"Levamos reiterando dende o 2016, cando xa se levou un REC de máis de 640.000 euros que esta situación ía empeorar e aquí temos unha proba máis da deriva económica á que o goberno local está levando ó concello pola súa falta de xestión", insiste a voceira, Verónica Tourón, “o Sr. Alcalde non lle explicou ós provedores cando os contratou, que o estaba facendo completamente á marxe do procedemento normal e que non tiña partida económica para asumir eses gastos. Non podemos ser cómplices da nefasta xestión en materia económica do goberno”.
"Os provedores, como é lóxico, deben cobrar polo traballo feito e son vítimas dunha xestión frívola por parte do señor alcalde, que se saltou o procedemento pagando facturas posteriores e deixando incluso algunhas de comezos do 2018, elixindo a dedo a quen pagaban e a quen non”, explican as concelleiras socialistas.
“O alcalde non foi quen de presentar orzamentos en tres anos e non se pode gobernar a golpe de recoñecementos extraxudiciais de crédito, gastando o que non se ten, sen ningún tipo de Plan Económico e saíndo ó paso responsabilizando á oposición como xa fixo en anteriores ocasións. Insistimos que no 2016 con motivo de outro recoñecemento con cantidades desorbitadas o grupo socialista presentou unha serie de medidas, para que se foran implantando pouco a pouco e non se realizou absolutamente ningunha. Este goberno seguiu a actuar do mesmo xeito, e xa daquela, advertimos que se non se implantaban estas medidas os provedores acabarían na mesma situación, e aquí estamos de novo”, insiste Tourón.
"Non se pode seguir gastando en maquillaxe mentres as gravidades están sen atender, creo que todos entenderíamos se esas emerxencias fosen as recollidas neste recoñecemento e non outras facturas de obras dedicadas a maquillar Salceda”, afirma a voceira socialista.
Por isto, o grupo socialista advirte que "non vai a ser cómplice desta xestión irregular do concello, estes son os temas importantes que a oposición debe fiscalizar, nós non vamos aceptar ningún tipo de responsabilidade porque xa vimos anunciando dende fai tempo que isto ía acontecer e só demostra que o goberno local actual non ten capacidade para seguir gobernando o noso concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217