Galicia
O CIAE 112 Galicia rexistra 207 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar, desde as 13:00 horas de onte ata as 07:00 horas da mañá de hoxe, un total de 207 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que está a afectar á nosa Comunidade.
Por provincias, a de A Coruña foi a máis afectada con 104 incidencias rexistradas, Pontevedra con 84, seguida de Lugo con 11 e por último a provincia de Ourense con 8 incidencias contabilizadas. A tipoloxía máis repetida é a incidencia nas estradas provocada pola caída de árbores e pólas (84) e tamén obstáculos de pedra e terra nas vías de circulación (25) e bolsas de auga nas estradas (13).
En canto aos concellos onde máis se deixou notar o temporal neste período destacan, o de Vigo con 27 incidencias e o de Nigrán con 11. Por outra banda, A Estrada e Ames sumaron respectivamente 10 incidencias, Pontevedra 8, Santiago de Compostela 6 e Poio e Redondela 4 en cada unha delas.
Ningunha das incidencias provocadas pola meteoroloxía adversa revestiron gravidade. As árbores, pólas e bolsas de auga rexistradas sucederon maioritariamente en vías secundarias e fóronse solucionando a medida que foron intervindo os servizos de emerxencias.
Non obstante, cómpre salientar as incidencias reiteradas no sur da provincia de Pontevedra, con especial incidencia no concello de Nigrán debido a unha casa á que o vento provocou danos importantes no tellado e iso ocasionou a filtración da auga da chuvia.
Polo demais, tratouse dun intervalo de tempo caracterizada polas incidencias habituais producidas por unha borrasca que trouxo vento na costa, en terra e chuvias fortes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218