Galicia
Novas Xeracións de Galicia reinvindica o papel da xuventude como dique de contención fronte as actitudes machistas
Destacan medidas como a nova materia sobre igualdade que se comezará a impartir proximamente nas aulas galegas
O presidente das Novas Xeracións do PPdeG, Adrián Pardo afirmou este martes a importancia da concienciación na procura da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, xa que para o xove dirixente das mocidades populares galegas “a concienciación sobre a igualdade é un paso obrigado para poder erradicar esta lacra, e para iso é necesario que as xeracións máis novas tomemos conciencia sobre este tipo de violencia”.
Para NNXX resulta moi preocupante que a taxa de vítimas en relación coa poboación total de mulleres alcanzou o seu máximo nos tramos de idade de 25 a 29 anos e de 30 a 34 anos (segundo os datos do INE), o que supón un dato moi alarmante xa que deberían de ser os sectores máis novos da poboación os máis concienciados na erradicación da violencia machista, ao haberse criado nunha democracia plena onde se asegura constitucionalmente a igualdade entre os homes e mulleres.
Para Pardo “os mozos e mozas temos que ser os axentes da igualdade, algo que ten que ir dende os postos de traballo ata as escolas” por iso valora moi positivamente a nova materia que tratará sobre a igualdade nos centros educativos xa que “supón un paso adiante na loita pola igualdade, unha loita que nos compre a todos e a todas e que dende moi novos tense que inculcar ata conseguir a erradicación completa da violencia machista, xa que nunha sociedade do século XXI non pode ter cabida”.
Ven con preocupación a exclusión que determinados partidos políticos queren facer da loita pola igualdade
Para o oleirense, “resulta moi preocupante que determinados partidos políticos queiran facer da loita pola igualdade unha ideoloxía excluínte, cando ten que ser todo o contrario, ten que ser unha loita que non entenda nin de xéneros nin de ideoloxías, xa que nos incumbe a toda a sociedade”.
“Hoxe, a ninguén lle pode pasar pola cabeza a existencia dunha violencia contra as mulleres. Unha loita na que non podemos dar un paso atrás”, recalca o presidente das xuventudes populares.
Para as Novas Xeracións dos PPdeG a loita pola igualdade non se pode reducir a un día só nin a unhas consignas, senón que ten que ser un traballo diario e sen pausa por parte de todos os axentes sociais.
Finalmente, NNXX destacan os grandes avances que se produciron en Galicia e en España nos últimos anos, e móstranse optimistas co futuro “xa que a implicación neste senso cada vez é maior por parte de todos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218