GALICIA
Fabiola García reclama que Galicia sexa tida en conta no reparto dos fondos do IRPF para proxectos sociais
Confírmase que a nosa comunidade recibirá cando menos 12,5 millóns de euros, a mesma cantidade que en 2018
A conselleira de Política Social, Fabiola García, pediu hoxe que se teña en conta a Galicia no reparto dos fondos adicionais destinados a proxectos de entidades sociais con cargo ao 0,7% do Imposto da Renda ás Persoas Físicas (IRPF). Fíxoo durante a reunión plenaria do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia celebrada esta tarde no Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.
A conselleira de Política Social participou esta tarde en Madrid na reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia
Nesta xuntanza, na que participaron representantes dos executivos autonómicos e do central, confirmouse que este exercicio a nosa Comunidade recibirá cando menos 12,5 millóns de euros procedentes do 0,7% do IRPF para financiar actuacións do tecido asociativo galego, o mesmo importe que no ano 2018.
A conselleira fixo fincapé no importante traballo que realizan a pé de campo e todos os días do ano estas entidades en beneficio das familias, os maiores, as persoas con discapacidade e aquelas en risco de exclusión social, así como nos ámbitos da igualdade e a sanidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218