Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 07 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Movemento Salceda molestos co PP e PSOE pola falta de apoio no pago das deudas contraidas por Besada

Dende Movemento Salceda lamenta "o acontecido na Comisión Informativa celebrada o pasado 4 de marzo", pola negativa dos grupos da oposición (PP e PSOE) que votaron en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitiría o pago de 998.883,87 € a diferentes provedores do Concello de Salceda.

 

De nada serviron as explicacións ofrecidas pola Concelleira de Facenda, Loli Castiñeira, manifestando a existencia de liquidez suficiente nas contas do Cocello para afrontar a totalidade do pago (2.116.246,98 €)

 

Denuncian dende Movemento Salceda "a enorme irresponsabilidade dos grupos da oposición antepoñendo unha vez máis os seus intereses sobre os intereses, neste caso, das empresas e autónomos que traballan para o Concello de Salceda".

 

Lembran dende o equipo de goberno que o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito é unha figura legal para “evitar o enriquecemento inxusto da Administración”, tal e como aparece recollido no informe de intervención. O informe tamén recolle que “existe crédito suficiente nas aplicacións adecuadas do orzamento para 2019 para a imputación das obrigas cuxa aprobación se propón”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.