Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Sábado, 09 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os veciños do Porriño non recibirán a rebaixa do 10 % no lixo

O Candidato á Alcaldía do PP, Alejandro Lorenzo, amosa o seu malestar porque non se solicitou a tempo o desconto

O candidato do PP á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, lamenta que as veciñas e veciños se vexan perxudicados pola “nula capacidade de xestión” do Concello, que non tramitou a tempo a solicitude da rebaixa do 10 % do canon de Sogama,  tal e como fixeron o 77 % dos municipios galegos adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos" explica.

 

Deste xeito, os veciños do Porriño "non se beneficiarán dunha rebaixa do 10 % no pagamento do recibo de recollida de lixo correspondente á aportación a Sogama tal e como van facer os residentes en 229 municipios galegos que si optaron por acollerse a esta oportunidade ventaxosa que ofrece este ente público.

 

Sogama ofrecía ata o 25 de febreiro de 2019 a todos os concellos adheridos ao seu modelo de xestión do lixo a posibilidade de acollerse a esta rebaixa do 10 % de aplicación directa aos usuarios. O trámite a seguir era sinxelo e consistía en solicitar por escrito a Sogama a aplicación da bonificación referida antes desa data e asumir, por parte do Concello, o compromiso de trasladar dita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo. Finalmente o Concello tíñase que comprometer tamén á adopción de medidas orientadas cara á reducción da producción de residuos e/ou o incremento e fomento da reciclaxe.

 

Ademais da publicación no DOG, a empresa pública remitiu cartas a todos os concellos adscritos ao seu sistema explicando a iniciativa, que se reforzaron posteriormente con correos electrónicos nos que se profundizaba na mesma.


Tendo en conta estas circunstancias, Lorenzo amosou o seu malestar pola “falta de reflexos” da alcaldesa, a socialista Eva García de la Torre, lamentando o seu alto custe tanto para o Concello como para os veciños.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.