Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 08 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva recibe con honores a Silvia Aguete, “a mellor porteira do mundo”

A porteira e a Presidenta coincidiron en reivindicar un maior apoio das institucións para que o deporte feminino ocupe o lugar que lle corresponde

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Deportes, Chelo Besada, recibiu onte á porteira Silvia Aguete, recentemente campioa de Europa de fútbol sala coa selección española. Carmela Silva mostrouse especialmente orgullosa por “recibir a unha verdadeira heroína, pois seguro que a xente non é consciente dos numerosos obstáculos que ten que superar unha xogadora de fútbol sala como Silvia Aguete, que ben sei todo o que tivo que esforzarse para superar as trabas que sempre atopa a muller no deporte e chegar ata onde chegou”. Silva, que mostroulle o seu asombro a Silvia Aguete pola súa brillante actuación no Europeo, onde España só encaixou un gol, resaltou que “estamos ante a escollida segundo mellor porteira do mundo, aínda que para min é a mellor”.

 

Pola súa parte, a futbolista pontevedresa do Poio Pescamar, que acudiu ao Pazo Provincial acompañada polo presidente do club poiense, Juanjo García, agradeceu a recepción “xa que estes actos axúdannos a visibilizar un éxito tan importante como o que acadamos en Portugal e mostrarlle ás nenas que o fútbol sala é un deporte que pode ter futuro”.

 

 

 

 

Silva mostrou o seu apoio ás xogadores do Poio Pescamar que este venres uniranse á folga do 8M e non adestrarán malia xogar o sábado ante o Móstoles

 

 

 

 

Tanto Carmela Silva como Silvia Aguete aproveitaron o acto para reivindicar o deporte feminino e pedir o apoio de todas as institucións. En concreto, a presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que “é incrible que as televisión non retransmitisen un evento tan importante como o Europeo” e reclamou que “todas as institucións deportivas deben tomarse en serio as reivindicacións das mulleres no deporte e comprometerse a outorgarlle a transcendencia que lles corresponde”. Na mesma liña, a porteira pontevedresa afirmou que “o fútbol sala e todo o deporte feminino necesita apoio para que poidamos ser profesionais”.

 

No remate da recepción, Carmela Silva afirmou sentirse convencida de que “máis pronto que tarde as mulleres estaremos no lugar que nos corresponde. Os éxitos do deporte feminino están obrigando a poñer as mulleres no espazo que merecen”.

 

Durante a recepción, Silvia Aguete e Juanjo García informáronlle á Presidenta de que este venres as xogadoras do Poio Pescamar, que este sábado xogarán ante o Mósteles, se sumarán á folga do 8M. Sobre este feito, Carmela Silva sinalou que “estou encantada de que as xogadoras do Poio se sumen, non vaian a adestrar e así alcen as súas voces reivindicando o que é xusto para o deporte feminino”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.