Martes, 04 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 08 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

“Deporte é Solidariedade” chega o sábado ao Pavillón Óscar Pereiro en beneficio de Mos Axuda

Co donativo de 1 euros os participantes poderán recibir clases con monitor de coss training, ximnasia e zumba, practicar por libre na piscina e no ximnasio municipais, e/ou iniciarse no futbolín e tenis de mesa

O vindeiro sábado 9 de marzo, o Pavillón Óscar Pereiro acollerá a actividade “Deporte é Solidariedade” dentro do Programa “Activa Xuventude”. Consistirá nunha sesión intensiva de 3 horas con diferentes deportes, na que os asistentes colaborarán cun 1 € de donativo, en prol da necesidade de mercar alimentos  para as persoas beneficiarias do programa “Mos Axuda”.

 

A través de promover que o deporte é  saúde cunhas sesións de  zumba,  cross training, ximnasia controlada e natación, preténdese involucrar á poboación mosense nunha pequena aportación social.

 

O horario será de 17.30 a 20.30 horas distribuído do seguinte xeito: de 17.30 horas a 18.15 horas cross training, de 18.30 a 19: 15 horas ximnasia de mantemento, e de 19.30 a 20.15 horas zumba. A piscina permanecerá aberta estas tres horas onde o que queira poderá facer uso dela gratuitamente. O ximnasio permanecerá tamén aberto e será gratuito para todos aqueles que desexen entrenar por libre. Haberá tamén un espazo habilitado para que o que desexe poida practicar ou iniciarse no futbolín ou no pin pon.

 

Esta iniciativa municipal conta coa colaboración desinteresada de tódolos monitores que impartirán as distintas modalidades. Adrián Alvarez (cross training), María García (ximnasia de mantemento) e Adela Lamela (zumba).

 

Contarase tamén coa presenza dos campións de futbolín de Mos (Rías Baixas), que durante as 3 horas ensinarán, aos asistentes que queiran practicar, as súas destrezas.  

 

Espazo Tenis de mesa Always T.M, empresa que abriu as súas instalacións o ano pasado en Sanguiñeda,  ensinará aos asistentes as técnicas e normativa do tenis de mesa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.