Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 07 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán inaugura a mostra 'Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson'

Co reto de identificar a campesina de Camos que ela fotografou

O Concello de Nigrán inaugurou hoxe no Auditorio Municipal a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia», un proxecto que é posible grazas á colaboración entre o Concello de Nigrán, ABANCA e Afundación. Ao acto, que incluíu unha visita guiada, acudíu o alcalde, Juan González Pérez; o director Territorial de ABANCA, Walter Álvarez; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores Fernández.

 

O Concello inaugura esta mostra, que permanecerá aberta ata o 31 de marzo, co reto de identificar unha das fotos máis señeiras tomadas por Ruth Matilda Anderson en Galicia e a única coñecida de Nigrán: unha anciá labrega de Camos fotografada o 11 de marzo de 1926 e da que non se dispoñen de máis datos. "Facemos un chamamento aos veciños de Camos para que indaguen entre as súas familias para ver se conseguimos poñerlle nome a esta muller", sinalou o alcalde, quen recordou que, precisamente, a exposición supón o inicio dos actos do Concello de Nigrán polo 8-M.

 

Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. Nesta mostra préstase especial atención á comarca con imaxes de Baiona ou  Vigo. A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata 31 de marzo, de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 h e xoves, venres e sábados, de 17.00 a 20.00 h.

 

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.