SOLIDARIOS
Remata o proxecto do Fondo Galego e InteRed a prol da igualdade de xénero en Guatemala
Os obradoiros con docentes e alumnado permitiron sacar á luz algúns casos de abusos e empoderar ás e aos participantes na defensa dos seus dereitos
A igualdade de xénero non só é un enfoque transversal nas accións emprendidas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, senón que en moitas das iniciativas apoiadas nos países empobrecidos constitúe ademais o seu eixo central. Así aconteceu co proxecto financiado á ONGD InteRed que vén de rematar en Guatemala co obxectivo de promover o dereito de crianzas e xente nova, especialmente mulleres, a unha educación integral en sexualidade e a unha vida libre de violencias, do que facemos balance coincidindo co Día Internacional das Mulleres.
Entre as actividades que se levaron a cabo en centros educativos do municipio de Chinautla, implementadas sobre o terreo pola Fundación Pedro Poveda, destacan os obradoiros que se levaron a cabo con 50 docentes, que logo os replicaron co seu alumnado. “Axudoume a perder a vergoña de falar sobre temas sexuais coas e cos estudantes”, valoraba un profesor ao remate. “Aprendín a trasladar estas cuestións as mozas e mozos, e saíron cousas que nos partiron a alma”, comentaba outra das mestras. E é que os obradoiros serviron ademais para sacar á luz casos de agresión sexual sufridas tanto por alumnado como por profesoras, tal e como indicaba outra das participantes: “Permitiume falar sobre experiencias vividas que gardaba e iso foi bo, porque cheguei á conclusión de que como muller teño plena liberdade de negarme a facer cousas que non desexo”.
Con motivo do Día Internacional das Mulleres, faise balance das actividades para promover unha educación afectiva e sexual saudable no municipio de Chinautla
Acadar ese empoderamento era precisamente unha das finalidades deste proxecto de cooperación internacional a prol dunha educación afectiva e sexual saudable, que o Fondo Galego cofinanciou con 49.861 euros e que incorporou ademais outras actividades como encontros de voluntariado, xornadas contra a violencia machista, cursos de informática, cinefórums, etc. Traballouse asemade coa dirección dos centros, coas familias, coas institucións -especialmente co municipio-, con outras organizacións e co propio persoal da Fundación Pedro Poveda, para involucralas na prevención da violencia contra as mulleres e no establecemento de relacións de xénero equitativas.
Evitar agresións sexuais e ETS
O taxa de escolaridade en Guatemala é moi baixa, xa que a rapazada só permanece de media seis anos no sistema educativo, e a situación aínda é máis grave no caso das nenas e as mozas, sobre todo debido aos embarazos prematuros, con preto de 70.000 casos anuais en menores. O abandono escolar vén ademais provocado pola pobreza, que ronda o 60% nun país onde aínda se detectan situacións de traballo infantil, e pola ausencia de educación bilingüe, mesmo en contextos de poboación maioritariamente indíxena. Os índices de violencia e extorsión, dentro dos centros ou camiño a eles, mesmo coa presenza de maras, é outro dos factores que inflúe. Ademais, Chinautla é un municipio periurbano, con máis de 120.000 habitantes, onde aqueles que migraron do campo á cidade viven en asentamentos precarios e cun nivel de desemprego elevado. No entanto, persoas e entidades do eido local están loitando polo dereito a unha educación segura co fin de evitar as agresións sexuais, as ETS e os embarazos de nenas e adolescentes, así como a violencia contra elas, nalgúns casos ata con resultado de morte. De aí a importancia dunha educación afectiva e sexual saudable, que desterre crenzas erradas, enfoques moralizantes e relixiosos, e patróns de carácter machista.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136