MOS
73 mosenses peregrinan a Santiago para conmemorar o Día da Muller
Saíron hoxe de Tui e chegarán á catedral compostelá o vindeiro martes 12 de marzo
Hoxe venres 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller 2019 e o Concello de Mos conmemórao coa iniciativa “Xuntas no Camiño” que hoxe deu comezo e rematará o 12 de marzo.
Participan un total de 73 mulleres mosenses entre as que se atopan a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro.
As 70 beneficiarias da actividade son mulleres de Mos maiores de 18 anos que realizarán o Camiño de Santiago dende Mos en 5 etapas. Cada etapa terá saída e regreso en autocar dende o Pazo de Mos.
Hoxe día 8 faise a etapa Tui – Mos (de 9:00 a 14:00 h) o día 9 Mos – Pontevedra (de 9:00 a 17:00 h) o día 10 Pontevedra – Caldas (de 9:00 a 17:00 h), o día 11 Caldas - Padrón (de 9:00 a 17:00 h) e o día 12 Padrón - Santiago (de 9:00 a 20:00 h).
Por outra banda o sábado 16 de marzo celebrarase a Cea Baile “Son Muller” tamén para mulleres maiores de 18 anos, no Pavillón Óscar Pereiro. Dará comezo ás 22.00 h e o prezo por persoa é de 20 €.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126