Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 12 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda reclama un acceso sur ao Porto

O pasado mércores día 6 de marzo de 2019 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse en Santiago de Compostela coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para trasladarlles novamente a necesidade dunha infraestrutura que de acceso e saída ao Porto da Guarda .


Nesta reunión o edil guardés indicoulles que na actualidade, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, xa se conta cun proxecto para esta infraestrutura, que se atopa actualmente en fase de procedemento simplificado de Avaliación Ambiental, cun orzamento que ascende a 2.415.892,22€. Esta infraestrutura é fundamental para dar acceso ao Porto da Guarda, dado que ao rematar as obras de Concepción Arenal ese acceso vai a ser moito máis difícil, e tamén dende o consistorio se entende que ademais da Pesca e da actividade das Redeiras existen outras actividades, importantes para o tecido económico da vila, polo que se poden explorar outras vías de financiamento. Os colectivos que amosaron máis interese por esta infraestrutura foron a Confraría e as Redeiras, que empregan estes viais para o transporte de redes e marisco.

 

Para Antonio Lomba é moi importante recoñecer que o concello da Guarda por si só non pode capitalizar esta obra, aínda que colabore economicamente, e terá que ser unha administración supramunicipal a que o faga, ben Xunta de Galicia ou Deputación de Pontevedra, entendendo que a Consellería do Mar é que ten máis relación con esta infraestrutura. O Presidente de Portos de Galicia indicou que este proxecto non toca na zona Portuaria, pero tamén é certo que en moitas zonas de Galicia existen viais que non tocan nos portos, pero que si comunican e dan acceso aos mesmos.


A actividade pesqueira e marisqueira na Guarda non vai a ir a menos, a previsión é que no futuro aumente a actividade económica do porto dado as grandes posibilidades que ofrece tanto a nivel comercial como turístico.

 

Antonio Lomba entende que é unha infraestrutura que se debe de financiar dende diferentes administracións, ben Consellería de Infraestruturas, Consellería do Mar, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e o propio Concello da Guarda, xa que é un vial fundamental para o futuro da Guarda e para o desenvolvemento económico da zona do Porto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.