Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 15 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación colabora e UVigo ofrecen 100 bolsas de apoio aos programas de intercambio internacionais

Cada bolsa terá un importe de 1.000 euros e complementarán a alumnado que participa en Erasmus+estudos, Erasmus+pŕacticas e programas propios de intercambio da Uvigo

A Deputación de Pontevedra, a través da Xunta de Goberno, vén de aprobar o convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para a promoción da mobilidade do estudantado con apoio de axudas complementarias aos programas de intercambio internacionais impulsados pola Uvigo neste curso 2018-2019. Tal e como informou a presidenta provincial, Carmela Silva, a institución provincial achegará 100.000 euros para esta iniciativa, o que permitirá o financiamento de 100 bolsas por importe de 1.000 euros cada unha delas.

 

“Estas axudas servirán para que as e os estudantes complementen as bolsas que obteñen dentro dos programas internacionais Erasmus+estudos, Erasmus+prácticas e as bolsas propias de intercambio da Uvigo”, explicou Carmela Silva. Para a convocatoria Erasmus+estudos, que facilita a realización de estudos en diferentes universidades europeas, a Deputación destinará 80 bolsas. Outras 10 bolsas serán para o programa Erasmus+prácticas, polo que se realizan estadías en empresas e institucións doutros países europeos. Un total de 10 alumnas e alumnos beneficiarios das bolsas propias internacionais da Uvigo tamén desfrutarán destas bolsas complementarias da Deputación.

 

A presidenta provincial lembrou que, con esta iniciativa, impulsada por terceira vez entre Deputación e Universidade de Vigo, “queremos promover a participación do estudantado universitario da provincia en programas de mobilidade internacional, co obxecto de contribuír á súa formación integral e á súa adaptación ás esixencias do mercado laboral a escala europea que cada vez está máis globalizado”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.