Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis dun millón de euros en préstamos sen xuros para 4 concellos

A Cañiza, Arbo, Catoira e Ponteareas benefícianse das axudas provinciais para facer fronte a investimentos “moi relevantes” e operacións de tesourería

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión da convocatoria 2019 dos préstamos sen xuros. A Presidenta Carmela Silva informou de que “as axudas deste ano ascenden a máis dun millón de euros (1.054.665,18 €) dos que, nesta primeira relación, se van beneficiar catro concellos: A Cañiza, Arbo, Catoira e Ponteareas.

 

Deste xeito, A Cañiza recibirá 42.928,21 € cos que poderá “mercar terreos nos que crearán un paseo e zonas verdes de esparexemento”. Pola súa banda, as axudas da Deputación para Arbo, cun total de 211.750 €, terán por obxecto “mercar un inmoble que o concello destinará a un centro social de atención á terceira idade e á primeira infancia”. Pola súa banda, Catoira recibe 400.000€ (a cantidade máxima subvencionable) para financiar unha operación de tesourería e, finalmente, Ponteareas beneficiarase dun total de 399.986,97 € cos que financiará diversos investimentos: “69.000 € destinaraos á ampliación da rede de abastecemento en Albar e Puzo San Mateo de Oliveira, 88.000 € ao acondicionamento do centro cultural de Guillade e 244.000 € á rehabilitación dun edificio para acoller un centro sociocultural”.

 

Os préstamos sen xuros da Deputación de Pontevedra son un instrumento máis de planificación de políticas públicas, que teñen por obxecto o fomento dunha utilidade pública, de interese social ou de promoción de uso público. O principal obxectivo desta iniciativa é facilitarlle aos concellos unha fonte de financiamento adicional co que poder afrontar, preferentemente, a execución de investimentos e, excepcionalmente, as operacións de tesourería para facer fronte a desfases transitorios ou necesidades urxentes.

 

Pódense acoller a esta iniciativa da Deputación de Pontevedra os concellos da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes, e que cumprisen os seguintes requisitos: ter aprobado o orzamento para o exercicio corrente ou, no caso de prórroga, cumprir co previsto na lexislación; non ter pendentes de pagamento cotas de amortización de préstamos contraídos coa Deputación; e cumprir cos previstos legais no relativo á concertación de operacións de crédito. A través destes préstamos, o importe máximo que se pode conceder é do 90% do custe do investimento, sen que supere os 400.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.