SALVATERRA DE MIÑO
Xosé Antón Outeiro “Tití”, candidato do BNG á alcaldía de Salvaterra
A Asemblea Local do BNG vén de elixir por unanimidade a Xosé Antón Outeiro “Tití” como candidato á alcaldía de Salvaterra de Miño. Outeiro é concelleiro do BNG dende o 2014, e na actualidade é o seu portavoz municipal. O Bloque destacou “a capacidade de traballo, a seriedade e a experiencia de Tití”, que dende 2007 foi responsable local dos nacionalistas en Salvaterra.
Xosé Antón Outeiro declarou que a súa elección lle supón “unha grande satisfacción e un sentimento de grande responsabilidade. A elección por unanimidade é unha mostra de unidade e fortaleza coa que enfrontamos unhas eleccións municipais nas que imos a por todas”.
De cara a estes novos comicios, o Bloque sinala que está en fase de expansión organizativa. “Veñen de incorporarse ao noso equipo un novo grupo de persoas con preparación recoñecida e gañas de traballar para atender as necesidades e inquedanzas da veciñanza desta vila e das súas parroquias”, indican dende o BNG.
Para acadar este obxectivo, este equipo de traballo “comprométese a realizar reunións periódicas, escoitar e atopar consenso coas asociacións veciñais, culturais e deportivas, coas Comunidades de Montes en Man Común e outros colectivos para pór en común alternativas e proxectos que sirvan para solucionar os problemas reais das persoas de Salvaterra”, asegura o BNG. Ao mesmo tempo, o Bloque aposta por “recuperar unha xestión dos recursos sociais e económicos de maneira transparente e sustentable, que reverta no benestar e desenvolvemento do noso Concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217