GALICIA
Galicia rexistra o maior incremento da taxa de reciclaxe de vidro da última década
Ao longo de 2018 os galegos reciclaron un total de 48.308 toneladas deste residuo, o que fai que a Comunidade galega se sitúe como a segunda rexión que rexistra o maior incremento na recollida selectiva a través do contedor verde
O conxunto dos galegos reciclou no pasado ano un total de 48.308 toneladas, é dicir, 5.000 toneladas máis que no ano 2017; o que se traduce nun incremento porcentual dun 11% e que representa o maior incremento en porcentaxe rexistrado na Comunidade galega na ultima década e superando en dous puntos o incremento a nivel estatal.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, presentaron esta semana os resultados de reciclaxe de vidro, que no caso de “Galicia arroxa uns datos espectaculares”, pois a recuperación destas máis de 48.000 toneladas de vidro implican que cada galego reciclou unha media de case 18 kg ou o que é o mesmo unha media de 68 envases de vidro por habitante.
Grazas ao compromiso e á implicación dos galegos, Galicia sitúase como a segunda comunidade que rexistrou unha maior incremento na recollida selectiva a través do contedor verde, só por detrás da Comunidade de Madrid.
Ángeles Vázquez salientou que o éxito destas cifras tamén pon en valor a concienciación dos galegos co coidado do medio ambiente e os beneficios que a reciclaxe supón para a contorna e o futuro. Argumentou que unha das claves que está detrás destas cifras é a sensibilización e a concienciación, polo que transmitiu o seu desexo para seguir colaborando con Ecovidrio na posta en marcha de iniciativas como a campaña E ti de quen ves sendo; o fomento de actuacións de reciclaxe deste tipo de residuos nas festas populares, gastronómicas e eventos deportivos... ou en accións solidarias e de sensibilización como a campaña Recicla Vidro por elas.
Ángeles Vázquez salientou a madurez social con respecto á xestión deste residuo, pois o ano 2000 a taxa de reciclaxe situábase nun 31,3% e na actualidade está nun 76,5%, e agradeceu a Ecovidrio o labor realizado ao longo destas décadas para concienciar e mudar os hábitos dos galegos
Salientou que Galicia non se debe quedar atrás nesta carreira e engadiu que as melloras rexistradas neste eido son indicadores de que “Galicia pode e debe ser un referente na economía circular”. Ao mesmo tempo explicou que estas cifras son un reflexo de madurez social con respecto á xestión deste residuo, pois no ano 2000 a taxa de reciclaxe situábase nun 31,3% e na actualidade está nun 76,5%, e agradeceu a Ecovidrio o labor realizado ao longo destas décadas para concienciar e mudar os hábitos da sociedade en xeral e dos galegos, en particular.
As cifras de vidro en Galicia
Tal e como avanzaron a conselleira e o xerente de zona de Ecovidrio, en Galicia recicláronse 48.308 toneladas de residuos de envases de vidro a través do contedor verde en 2018. Ditos resultados demostran a tendencia ascendente e sostida que ano a ano se rexistra na Comunidade autónoma.
Galicia é a segunda comunidade do conxunto de España que rexistrou o maior incremento interanual da última década, cun 11% respecto das cifras rexistradas no ano 2017 e, ao mesmo tempo, está dentro das dez primeiras comunidades con mellores taxas de reciclaxe.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio presentaron esta mañá en rolda de prensa os resultados e as cifras de recollida e reciclaxe de vidro relativas ao ano pasado en Galicia
Cada cidadán reciclou unha media de case 18 kilos (17,9) o que equivale a 68 envases por habitante; equiparando a media de España, xa que no 2018 se reciclaron 893.989 toneladas de residuos, unha media de 18 kg/hab e 68 envases por persoa.
A contenerización é un aspecto fundamental para facilitar a reciclaxe de vidro. Así, no pasado ano se instalaron case 700 novos contedores, incrementando o parque nun 4,5%, ata acadar os case 16.000 iglús verdes na comunidade.
![[Img #51264]](https://xornal21.com/upload/images/03_2019/7794_reciclaje-vidrio-xornal21.jpg)
Para concluír, a conselleira destacou que este bo comportamento da Comunidade galega é un gran de area que suma no cumprimento e superación por parte de España nas esixencias marcadas pola Unión Europea, que sitúa a taxa de reciclaxe nun 60% e segundo as cifras estimadas sobre a taxa de reciclaxe en España supera en 16 puntos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218