MUNDO EMPRESA
O sector agro no Baixo Miño exporta xa a máis de 20 países
A 16ª Mostra de Cultivos acollerá a presentación da primeira Misión Comercial Inversa, que traer á rexión transfronteiriza a posibles clientes para que coñezan de primeira man produtos e servizos
O sector agro no Baixo Miño é unha actividade produtiva cun grande impacto social e económico na contorna, cunha actividade de produción crecente e con cada vez máis peso en todas as súas subáreas: a planta ornamental, a flor, a froita e o viño, así como os servizos auxiliares. Máis de 1.000 hectáreas de produción, máis de 1.120 persoas empregadas en tempada alta e unha facturación de case 68 millóns de euros reflicten a importancia do sector en termos de produción, rendabilidade e impacto social, con cada vez máis familias traballando no agro, fixando poboación no rural e mellorando a calidade de vida de toda a veciñanza.
Na era da globalización manter ese crecemento rendible e sustentable pasa pola internacionalización do sector, por coñecer a abrir novos mercados, adaptarse as novas tendencias, investigar e innovar, especializarse e atraer novas oportunidades. Neste momento, o sector agro no Baixo Miño exporta os seus produtos a máis de 20 países de 5 continentes: ademais de traballar co mercado europeo, as empresas agrarias da contorna venden os seus produtos a Canadá, Estados Unidos, México, Porto Rico, Panamá, Colombia, Marrocos, Australia ou Xapón, entre outros.
Misión Comercial Inversa
Para seguir traballando e mellorar ese proceso de internacionalización do sector, a 16ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que se celebrará do 15 ao 17 de marzo no pavillón de Goián, será o escenario de presentación da primeira Misión Comercial Inversa que se realizará no sur de Galicia e no norte de Portugal. O obxectivo deste proxecto transfronteirizo é contribuír ao posicionamento sectorial traendo a potenciais compradores e clientes estranxeiros ao territorio para que coñezan de primeira man os produtos e servizos da contorna, buscando así novas oportunidades de negocio.
Trátase dun proxecto de dinamización da economía local enmarcado na Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, cofinanciado ao 75% polo Programa Interreg VA POCTEP, e integrado no Plan Estratéxico da Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) no que tamén colaborarán a Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN) e a Associação para o Desenvolvimento Local, Rural, Agrícola, Florestal e Ambiental (ARA-Cerveira).
Todas as persoas interesadas en coñecer os detalles desta misión comercial, poderán asistir á súa presentación este venres 15 de marzo ás 12.15 horas no pavillón de Goián.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217