Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 14 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño presenta a programación “Vive a cultura urbana”

“Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio activo dirixido á mocedade que escomenzará o vindeiro venres 15 “é un xeito de darlle máis dimensión ó feito de que Porriño fose nomeada ‘Cidade Amiga da Infancia’ por UNICEF” manifestou a alcaldesa na rolda de prensa celebrada no Concello porriñés. “De xeito que queremos prestar máis atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia, a fin de que dispoñan de opcións de lecer axeitadas e saudables”, sinalou Eva García.

 

A programación está organizada en dous bloques: Deportes Urbanos e Música e Arte Urbana. Ofrécese a oportunidade ós mozos e mozas que participen de coñecer ata 12 disciplinas diferentes coma Breakdance, Parkour, Grafitti, Beatbox, Rap e outras, a través de diversos obradoiros distribuídos en seis datas que serán os venres de marzo, abril e maio. En total se sumarán 20 horas de actividade. Todas elas se van desenrolar na pista deportiva do parque infantil sito ó carón do cemiterio.

 


“Vive a Cultura Urbana” rematará cun festival musical que terá lugar o 3 de maio.

 

Pablo Castiñeira, director de “Vella Escola”explicou que “ó fin e ó cabo tratamos de achegar unha alternativa a outros tipos de ocio ligados ó consumo do alcohol ou dun lecer nada constructino ni activo”.


“Vive a cultura urbana” pretende fixar hábitos saúdables entre a mocedade; crear oportunidades profesionais que favorezan o emprendemento xuvenil e, finalmente, permitir o libre exercicio e disfrute de ocio como experiencia humana integral, sistema de protección social e factor de desenvolvemento humano.


Na presentación do programa estiveron presentes tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación e Noelia De la Fuente Pérez, responsable da OMIX.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.