Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 20:13:07 horas

Xornal21.es
Viernes, 15 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

A Deputación de Pontevedra aprobatres achegas para o Concello de Tui

Os investimentos están destinados a financiar a construción dunha base para protección civil, a renovación de alumeado público no casco histórico e melloras no pavillón municipal

O deputado de Cooperación, Carlos Font, informou da aprobación este xoves pola Xunta de Goberno de tres investimentos por un valor de 294.028,67 euros para Tui con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 111.832,82 euros para a construción dunha base para protección civil, 93.877,85 euros para a renovación do alumeado público en diversas rúas da zona monumental da vila, e outros 88.318 euros destinados a financiar a mellora do pavimento deportivo e a instalación dunha cortina separadora no pavillón municipal.

 

Máis polo miúdo, vaise a executar a construción de planta baixa e entreplanta no interior dunha edificación existente con tipoloxía de nave industrial para destinala aos servizos de base de protección civil. Así, as obras implican a demolición da estrutura e peches, a execución do sistema estrutural e forxado de formigón, a mellora da cuberta afectada, a instalación de tabiques, pavimentos de baldosa, carpintería exterior, calefacción, iluminación, ventilación, fontanería e saneamento.

 

Por outra banda tamén se vai a realizar a renovación de alumeado público en diversas rúas do casco histórico, que consiste na substitución das luminarias actuais por outras novas de tecnoloxía LED, amais en certos puntos de luz tamén se substituirá o brazo de soporte. O obxectivo desta actuación é mellorar os niveis de iluminación, así como diminuír a emisión de gases de efecto invernadoiro e a contaminación luminosa, o que mellorará tamén a seguridade viaria e a calidade de vida das veciñas e veciños.

 

Por último, no pavillón municipal a actuación comprende a mellora e reparación da tarima flotante, o marcaxe específico da pista de xogo, a instalación dunha cortina separadora e o trasdosado de parede no corredor dos vestiarios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.