VIGO
A Xunta e os concellos da área de Vigo acordan renovar para 2020 o Plan de Transporte Metropolitano
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, participou esta semana na Comisión de seguimento deste plan
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, xunto co delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, participou estasemana na Comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo, que acordou a renovación do Plan para o ano 2020, cun orzamento de preto de 1,4 millóns de euros.
Segundo este acordo, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade achegará 1,1 millóns de euros, correspondéndolles ao conxunto dos 12 concellos integrantes da área de transporte preto de 266.000 euros.
Este plan permite viaxar nesta área a través dun sistema de billete único e da coordinación entre o transporte interurbano e o bus urbano. Os usuarios que aboan as viaxes coa tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia acceden a descontos nas viaxes interurbanas.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade achega 1,1M€ e os 12 concellos integrantes desta área preto de 266.000 euros
O convenio prorrogado hoxe supón tamén descontos adicionais do 15% para os usuarios recorrentes (aqueles que realizan máis de 40 viaxes ao mes) e bonificacións tamén para membros de familias numerosas, neste caso de entre o 20% e o 50% en función da categoría.
Ademais, os menores de 19 anos poden viaxar de balde empregando a tarxeta Xente Nova.
A Área de Transporte Metropolitano de Vigo está integrada por un total de 12 concellos: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.
O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia está a funcionar actualmente en cinco áreas de Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e Vigo) con 65 concellos incorporados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217