GALICIA
Galicia e Portugal celebrarán un cumio sobre competitividade na economía e a industria
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, así o acordaron esta semana co ministro da Economía do país veciño, Pedro Siza Vieira
Galicia e Portugal celebrarán un cumio sobre competitividade da economía e a industria para abordar temas comúns e propoñer novas accións que reforcen as relacións económicas e que se centren nos sectores produtivos de máis importancia a ambos lados da fronteira.
Así o acordaron este pasado mércores nunha xuntanza o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, co ministro Adxunto e da Economía do país veciño, Pedro Siza Vieira. Tamén participou neste encontro a secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Ana Mendes Godinho.
Neste cumio, que terá por obxectivo buscar sinerxías e solucións a retos comúns como a modernización, abordaranse temas de especial relevancia como a industria 4.0, os distintos sectores produtivos na Eurorrexión, os clústers transfronteirizos e a promoción conxunta de empresas da eurorrexión no mercado internacional.
Avanzaron na coordinación en todo o relacionado co Camiño de Santiago e a preparación do Xacobeo 21
A maiores de acordar a organización deste cumio, a reunión de hoxe co ministro portugués centrouse principalmente en abordar colaboracións en materia de turismo e Xacobeo, unha prioridade para o Goberno galego ante a proximidade do Ano Santo 2021.
Unha das principais cuestións abordadas durante o encontro foi avanzar na coordinación nas accións vinculadas co Camiño de Santiago de cara a celebración do Xacobeo de 2021. Este organismo servirá tamén para compartir con Portugal as directrices que se están lavando a cabo en todas as comunidades autónomas polas que pasa a Ruta Xacobea e para coordinar a sinalización dos itinerarios xacobeos no país luso.
Trátase dunha importante colaboración porque o Camiño Portugués é o segundo itinerario máis percorrido, escollido só no pasado ano por preto de 60.000 peregrinos. Ademais, despois da súa declaración como itinerario oficial, o Camiño Portugués da Costa chegou a quintuplicar o número de peregrinos que pasan por el nestes ano e só en 2018 o incremento foi de case o 89%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218