Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 15 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Silva pon en valor a loita pola igualdade de Teresa Delgado, a primeira muller en dirixir a prisión da Lama

A presidenta da Deputación de Pontevedra recibiu onte á nova directora do cárcere pontevedrés, tras a súa toma de posesión o pasado mes de febreiro

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo onte un encontro coa nova directora da prisión da Lama, Teresa Delgado, quen tomou posesión do cargo a mediados do pasado mes de febreiro. Trátase da primeira muller en dirixir o centro penitenciario pontevedrés e a segunda muller en dirixir un cárcere en Galicia.

 

A presidenta provincial puxo en valor a súa designación. “Teresa é unha das cinco mulleres das nove persoas nomeadas agora para a  dirección de diferentes cárceres do Estado, unha aposta pola igualdade en todos os eidos que aplaudimos e valoramos”. Carmela Silva, que entregou a Delgado un lote de libros para a biblioteca da prisión, valorou a colaboración que a Deputación de Pontevedra vén mantendo co centro penitenciario pontevedrés, “e que vai a seguir con novos programas nos próximos tempos”. Silva tamén subliñou o feito que do equipo directivo da Lama, conformado por sete persoas, cinco delas sexan mulleres. “É un dato moi destacable se temos en conta que só o 20% da dirección dos centros penitenciarios do Estado está en mans de mulleres”, dixo a presidenta.

 

Teresa Delgado xa formara parte, os últimos oito anos, do equipo directivo da prisión da Lama, sendo Subdirectora de Tratamentos. Pertence ao corpo técnico da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, ocupando os seus primeiros postos de xurista en Ibiza e As Palmas.


Durante o seu mandato como Subdirectora de Tratamentos na Lama, púxose en marcha o primeiro módulo mixto na Lama, o primeiro de toda Galicia e un dos poucos que existen no Estado. Supuxo un logro moi importante que permitiu acabar coa situación de desigualdade pola que as mulleres non podían acceder tamén aos módulos de tratamento en condicións de igualdade. Na actualidade, entre un 6 e un 7% da poboación reclusa da Lama son mulleres.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.