GALICIA
O Sergas ofertará 1.314 prazas de emprego público para este 2019
Salienta que, a oferta recollerá 332 prazas para persoal licenciado sanitario, 567 prazas para diplomados sanitarios e formación profesional e 415 prazas de persoal de xestión e servizos
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do decreto de oferta pública de emprego correspondente á Sanidade Pública, que será de 1.314 prazas de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Logo de lembrar que Galicia conta con 213 prazas extra, xa que as comunidades autónomas máis solventes teñen a posibilidade de ofertar un 8% adicional, Feijóo subliñou que, como novidade fronte ás anteriores ofertas, a taxa de reposición que se aplicará será do 108 por cento, grazas a esas prazas extra.
Destacou que esta oferta de emprego público súmase ás aprobadas ininterrompidamente polo Sergas desde o 2012 e destaca que ascenden a máis de 6.000 as prazas ofertadas no sistema público sanitario de Galicia, no período 2012-2019.
Máis polo miúdo, a oferta recollerá 332 prazas para persoal licenciado sanitario, das que 200 corresponden a médicos de familia e 35 de pediatras de atención primaria.
Por outra banda, para diplomados sanitarios e formación profesional a oferta será de 567 prazas. E, nelas incluiranse dúas categorías de enfermeiro especialista: en enfermería familiar e comunitaria; e especialista en pediatría.
A oferta complétase cun total de 415 prazas de persoal de xestión e servizos das áreas de administración, traballo social, mantemento e hostalería. E do total de prazas, 93 reservaranse para persoas con discapacidade. E engade que ata un máximo do 50% das prazas convocaranse para a súa provisión polo sistema de promoción interna.
O presidente tamén subliñou que neste primeiro semestre de 2019 convocaranse os procesos selectivos das categorías dos ámbitos asistenciais cunha maior demanda, como medicina familiar e comunitaria e pediatría de atención primaria. Ademais, engadiu que para a provisión destas prazas na convocatoria acumularanse as ofertas de 2018 e 2019: para médicos de familia o total será de 254 e para pediatras de atención primaria de 93.
Ademais, convocaranse os procesos selectivos de categorías de enfermería especialista familiar e comunitaria, pediátrica, do traballo, de saúde mental e matrón ou matroa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218