Sábado, 25 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 15 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta colabora coas asociacións de veciños e Comunidade de Usuarios de Augas de Mos

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou onte a Asociación de veciños de Santa Baia e a Comunidade de usuarios de augas do barrio de Castro

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron onte a Asociación de veciños de Santa Baia e a Comunidade de usuarios de augas para usos domésticos do barrio de Castro, en Mos, coas que a Xunta mantén unha liña de colaboración a través dunha orde de axudas. Na visita estiveron acompañados pola alcaldesa, Nidia Arévalo.

 

Ambas entidades teñen concedida unha subvención -de preto de 8.900 euros e duns 17.300 euros, respectivamente- no marco da convocatoria destinada a asociacións veciñais, confederacións, federacións  ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociación de mulleres rurais. O obxectivo das axudas pasa por mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal análogos aos servizos básicos municipais na lexislación básica de réxime local, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

 

En concreto, no caso dos veciños de Santa Baia, destinarán a subvención á mellora do edificio do que fan uso como sede, para arranxar os defectos producidos polo paso do tempo, e para dotarse de equipamento informático que permita á veciñanza o acceso e aprendizaxe das novas tecnoloxías.


No caso da comunidade de usuarios de auga de Castro, a axuda investirase na mellora do depósito, que se revestirá de aceiro para evitar filtracións e facilitar a limpeza, entre outras vantaxes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.