Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 14 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Rescatan a un veciño de Mañufe que se precipitou ao río Miñor en Gondomar

As 10.15 horas da mañá deste xoves a Policía Local recibía unha comunicación de Emerxencias 112 conforme un home maior caera ao río Miñor nas proximidades da ponte romana de Mañufe.


Unha patrulla de Policía Local de Gondomar acudía no seu auxilio atopando ao veciño de Mañufe, de 88 anos de idade, que se agarraba ás pólas dunha árbore para non ser arrastrado pola corrente do río; mentres loitaba para intentaba escalar e subir por un desnivel vertical duns 4 metros.


Os efectivos policiais lanzáronlle unha corda para aseguralo e coa axuda dos veciños comezaron a subilo fóra da auga. Deseguido, xunto con efectivos do GES Val Miñor cunha escaleira subía polo seu propio pé. Resultou ileso e non foron necesarios coidados médicos nin atención sanitaria.


O home manifestaba aos axentes que se atopaba limpando a maleza da finca cunha fouciña cando a beira do río cedíalle o terreo baixo os pés perdendo o equilibrio e caendo ás frías augas do Miñor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.