GALICIA
Os xornalistas María Rey e Manuel Campo Vidal, este domingo en “Hoxe con Manquiña”
María Rey, unha das xornalista máis importantes da radio e televisión de España, xunto ao seu marido, Manuel Campo Vidal, ábrennos as portas da súa casa de verán na Guarda para coñecer un pouco máis de preto a súa vida e a súa faciana máis descoñecida
Nesta nova entrega de Hoxe con Manquiña contamos coa presenza de dous xornalistas que cubriron os acontecementos máis importantes da nosa historia recente: a viguesa María Rey e o seu marido Manuel Campo Vidal.
María Rey, unha das xornalista máis importantes da radio e televisión de España, xunto ao seu marido, Manuel Campo Vidal, ábrennos as portas da súa casa de verán na Guarda para coñecer un pouco máis de preto a súa vida e a súa faciana máis descoñecida.
Esta xornalista estivo máis de vinte anos como corresponsal parlamentaria e foi testemuña dos grandes cambios políticos que xurdiron na nosa historia recente. No programa do vindeiro domingo analizaremos xunto a ela e o seu marido, Manuel Campo Vidal, de onde viñeron eses cambios, a onde poden levarnos e que opinións persoais teñen de cada un dos políticos que temos na nosa actualidade.
O programa, producido por Ézaro Films, emitirase na Televisión de Galicia (TVG) ás 00.10 horas
Durante o programa faremos ademáis un repaso dos debates políticos máis importantes da historia da televisión e contarannos de primeira man como os viviron e como comezaron na súa carreira de xornalistas os nosos convidados.
Unha entrevista na que non faltarán lembranzas cara os nomes máis relevantes da política española do pasado e na que María Rey falará tamén da súa experiencia como corresponsal da Casa Real.
Hoxe con Manquiña
En “Hoxe con Manquiña” teremos a oportunidade de continuar a coñecer a faciana máis íntima e persoal dos nosos galegos e galegas máis famosos e recoñecidos. Neste novo espazo de Televisión de Galicia, ademais de indagar nos aspectos menos coñecidos dos nosos convidados, teremos tamén a ocasión de descubrir o seu punto de vista sobre fitos do pasado que viviron en primeira persoa e, como non, tamén da actualidade.
Ademais achegarémonos á xente da rúa para tratar de averiguar o que saben sobre os nosos convidados e contaremos cunha sección sorpresa para o entrevistado na que recibirán unha mensaxe de alguén moi especial e querido para cada un deles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218