GALICIA
A Xunta abre o prazo de matrícula nas escolas infantís Galiña Azul
Inclúese por primeira vez o requisito do cumprimento do calendario de vacinación oficial para poder inscribirse e a posibilidade de presentar a solicitude fóra de prazo para as familias galegas retornadas do exterior
A Xunta abre ata o vindeiro día 5 de abril o prazo de inscrición para o curso 2019/20 nas escolas infantís da rede autonómica da Galiña Azul, que poñen a disposición das familias 10.379, 114 máis que no actual curso. Tamén se abre o prazo nas 492 prazas públicas concertadas con centros de titularidade privada. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe estas tres resolucións, que por primeira vez inclúen como requisito o cumprimento do calendario de vacinación oficial para acceder a un centro público ou praza concertada.
Ao respecto desta nova exixencia cómpre indicar que as familias contarán con 8 días unha vez confirmada a adxudicación da praza no DOG para presentar no centro correspondente o impreso de matrícula debidamente cuberto e unha copia da cartilla de vacinación da súa filla ou fillo. O obxectivo desta medida, que conta co amparo da lexislación vixente e conta co respaldo da ampla maioría dos profesionais médicos, axudará a garantir a protección da saúde nestes espazos públicos.
As escolas da Galiña Azul ofertan 114 prazas máis, ata acadar as 10.379, coa apertura dunha nova escola en Vilagarcía e a ampliación dos centros de Arzúa e Cedeira
Así mesmo, recolle a posibilidade de presentar a solicitude fóra do prazo establecido para as galegas e galegos que residiran fóra de España e retornen a Galicia durante o ano 2019, para facilitarlles o regreso.
En canto ás 114 prazas máis que se incrementan o vindeiro curso, son o resultado da entrada en funcionamento da escola infantil de Vilaxóan, en Vilagarcía, con capacidade para 74 nenas e nenos distribuídos en 5 unidades; e das 40 prazas a maiores que se habilitarán nos centros de Arzúa e Cedeira unha vez que se completen os traballos de ampliación destes dous recursos (con 20 novas en cada un deles). No caso das prazas creadas con estas dúas ampliacións cómpre indicar que estarán operativas xa iniciado o curso 2019/20.
As prazas da rede autonómica da Galiña Azul e as contratadas en escolas privadas compleméntase coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e naquelas que dependen dos concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11