Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 16 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O GES da Guarda participa nun simulacro de emerxencias internacional no Río Miño

Na xornada deste venres día 15 de marzo de 2019 un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda participou nun simulacro de emerxencias internacional no marco do proxecto ARIEM 112 con medios de emerxencias galegos e portugueses que contou coa participación de persoal da AXEGA, Guardia Civil, GES da Guarda, Armada Española, Helicóptero Pesca 1, GNR, Protección Civil, Capitanía Marítima de Caminha, INEM, Bombeiros Voluntarios de Caminha, entre outros.


Ao longo da mañá os efectivos de emerxencias despregados realizaron un simulacro de incendio no Ferry Boat no Río Miño, participando na extinción do lume e evacuación de feridos. Un dos efectivos do GES da Guarda foi evacuado no Helicóptero do PESCA 1 dende o Ferry Boat.


O Concelleiro de Emerxencias do Concello da Guarda, Miguel Español e o Deputado  Provincial Santos Héctor, supervisaron dende a dársena de Caminha o transcurso deste simulacro, valorando moi positivamente este tipo de actuacións, posto que serven de formación para os compoñentes do GES, así coma unha gran axuda para a coordinación dos diferentes medios de emerxencias na zona transfronteiriza do Río Miño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.