Viernes, 24 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 17 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Apróbase o proxecto para conectar as depuradoras de Herville e Petelos á rede de saneamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobou esta semana en sesión ordinaria do mércores 13 de marzo o proxecto de conexión á rede municipal da rede de saneamento de Herville e rede de Abelenda que será acometido polo Consorcio de Augas do Louro e polo que as depuradoras municipais de Herville e Petelos quedan inhabilitadas pasando a verter directamente á rede de saneamento do Consorcio do Louro.

 

Deste xeito non queda xa ningunha depuradora municipal activa en Mos, posto que as de Torroso e Tameiga xa estaban inhabilitadas vertendo á rede do Consorcio e agora con este proxecto as outras dúas, en Herville-Cela, e Petelos, farano tamén.

 

A EDAR de Herville está situada no marxe dereito dun regato, afluente do río da Miñoteira. Foi construída no ano 2011 para tratar os vertidos correspondentes a 450 habitantes equivalentes e un caudal de entrada de 135 m3/día.

 

A esquina inferior esquerda da parcela delimitada polo peche da EDAR, atópase dentro do DPH. Neste proxecto contémplase a execución das obras precisas para manter a EDAR de Hervill fóra da zona de servidume do cauce do río, así como a execución dos colectores necesarios para a conexión das augas residuais que chegan a este punto, á rede de saneamento existente.

 

Proxéctase un colector de PVC de 315 mm de diámetro cunha lonxitude total de 1.778 m.


Garantirase a total estanqueidade dos pozos de rexistro e disporán de tapas estancas, para evitar a entrada de augas pluviais nos mesmos. No proxecto preséntase un prazo de execución de 6 meses e un presuposto de execución por contrata de 289.754,31 €.

 

Parte do novo trazado de saneamento discorre polo termo municipal do Porriño.

 

A EDAR de Petelos está situada na marxe dereita da rúa Brea e ao oeste do rego Cerqueira. A impulsión proxectada discurrirá nos seus primeiro 164 metros baixo a cuneta en terras situada na marxe esquerda da rúa Brea, cruzando posteriormente o camiño que da acceso ao pabellón e as pistas polideportivas. A continuación, discurre baixo o aparcamento situado nese mesmo marxe da rúa nunha lonxitude de aprox. 315 m, pasando fronte ao Instituto de Educación Secundaria e o Colexio Público de Petelos. A continuación, nun tramo de 85 metros discurre polo carril esquerdo da rúa e no seu último tramo disporase pola zona verde situada fronte ao Multiusos de Mos, para conectarse á rede de saneamento existente no pozo de rexistro existente.

 

Proxéctase un pozo de bombeo, que se situará na parcela onde está situada a EDAR de Petelos, desde o que partirá unha impulsión PEAD de presión nominal 10 atm e de diámetro 180 mm nunha lonxitude de 685 m.

 

O pozo de bombeo realízase en formigón armado de dimensións interiores en planta 3,70 m por 4,00 m e 4,00 m de profundidade. O espesor das paredes é de 0,40 m. Dentro disporase de dúas bombas capaces de elevar, individualmente un caudal de 22,3 l/s a unha altura de 6 m.c.a.

 

O sistema de funcionamento será mediante 2 bombas (1+1) e a regulación de velocidade das bombas con variadores de frecuencia para que o réxime de impulsión sexa o máis regular e laminar posible. Contará cun cestón de gruesos e un aliviadeiro con válvula antirretorno. No proxecto presentase un prazo de execución de 6 meses e un presuposto de execución por contrata: 140.405,00 €.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.