Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 03 de Abril de 2026 a las 09:23:12 horas

Xornal21.es
Domingo, 17 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Nava Castro salienta a contribución do turismo para conservar o patrimonio etnográfico do Corpus

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na clausura dunhas xornadas internacionais sobre o valor cultural e o potencial turístico desta festividade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta semana na clausura do I Coloquio Internacional. O patrimonio etnográfico, a propósito da celebración do Corpus en Ponteareas: valor cultural e recurso territorial, no que puxo de manifesto a crecente contribución que a actividade turística está a ter para divulgar o patrimonio etnográfico das alfombras florais do Corpus de Ponteareas.

 

Durante a súa intervención quixo recoñecer publicamente o traballo dos veciños e veciñas de Ponteareas ao conseguir perpetuar un ancestral ritual como este “coa sabedoría de quen sabe coidar e protexer o seu patrimonio”, explicou recordando que se trata dun obxectivo compartido coa Consellería de Cultura e Turismo. “En Galicia traballamos para que o turismo contribúa a conservar a autenticidade do noso destino, para coidar e conservar os nosos recursos, e a festividade do Corpus de Ponteareas é un gran exemplo”, indicou.

 

Declarada de Interese Turístico Internacional desde o ano 2009, esta celebración consegue reunir na localidade pontevedresa a numerosos visitantes interesados tamén na arte efémera das súas alfombras florais demostrando como o turismo é quen de dinamizar o patrimonio etnográfico conservándoo, manténdoo, divulgándoo e perpetuándoo no tempo.

 

“O turismo é un aliado do patrimonio cultural e para que así siga sendo é tamén fundamental que sigamos intercambiando experiencias para que turismo siga sendo ese bo compañeiro de viaxe que o patrimonio precisa”, indicou Nava Castro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.