VIGO
Os médicos serán “Vigueses Distinguidos” so se non se opón ningún dos grupos da corporación municipal
Os xefes dimisionarios dos centros de saúde foron propostos por Caballero para "Vigués Distinguido 2019" pola súa "defensa xenerosa" da cidade
Abel Caballero proporá ao colectivo para o galardón pola defensa "do interese común da cidade", xa que están a prestar un "inmenso servizo" a costa dos seus ingresos e de ser "obxecto de presións" por parte do SERGAS. "Quero que teñan o recoñecemento da cidade", afirmou o alcalde, que está "ao seu lado".
Os xefes de servizo dos centros de saúde presentaron a súa dimisión en bloque hai tres meses en protesta pola situación da atención primaria. Aceptaron entón abrir unha vía de diálogo co SERGAS e, ante a falta de solucións da administración autonómica, veñen de anunciar novamente a súa dimisión, desta volta irrevogable.
"Estes xefes de servizo están a defender o interese común da cidade", explicou Caballero, quen amosou o seu agradecemento "no nome de Vigo". Asegurou o rexedor que estes profesionais, coa súa posición, ven diminuídos os seus ingresos, están a ser "obxecto de presións" por parte do SERGAS e véndose "postergados" nalgunhas cuestións, mais están a promover unha "defensa xenerosa" da cidade.
"Quero que escoiten moi clara, moi clara, a voz de Vigo, da cidade, que está ao seu lado. E por iso vou propoñer para Vigués Distinguido aos xefes de servizo dimisionarios dos centros de saúde de Vigo, polo seu inmenso servizo a esta cidade", engadiu o alcalde. "Gañárono coa súa defensa absolutamente xenerosa da cidade de Vigo", concluíu.
A gala de entrega dos Vigueses Distinguidos deste ano terá lugar o próximo mércores, 27 de marzo. Os xefes de servizo dimisionarios sumaranse aos recoñecementos xa anunciados para máis dunha ducia de colexios de Vigo e para o director da Coral Casablanca, Óscar Villar.
Condicións
Os xefes de servizo e unidade da área de Vigo, dimitidos, emitiron un comunicado no que, en primeiro lugar, agradecen “a proposta de distinción como Vigueses distinguidos. Tomámola como un recoñecemento dos cidadáns de Vigo ao labor profesional de todos os traballadores de atención primaria desta área sanitaria, dos cales nós somos as cabezas visibles”.
“Non nos gustaría que se nos utilizase políticamente” sinalan os facultativos dimisionarios
Sinalan que “o noso conflito naceu e mantívose como un conflito profesional durante estes meses. O seu único obxectivo é e foi sempre a mellora da AP desta área e tivo como meta o coidado da saúde da poboación que nos está encomendada”.
Tamén explican que “a pesar de que se nos acusou de estar politizados, só nos move un interese profesional pola mellora da AP. Por iso, estaremos encantados de recibir esta distinción a condición de que non se opoña ningún dos grupos políticos da corporación municipal de Vigo”.
Entenderemos, así, que o premio xera consenso entre a cidadanía e que non se nos vai a utilizar políticamente, algo que non nos gustaría”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217