Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 20:13:07 horas

Xornal21.es
Jueves, 21 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Tui punto de partida do Camiño de Santiago por vía fluvial e marítima en kaiak

En abril realizarase unha experiencia piloto e logo realizaranse de forma estable até outubro

Tui será o punto de partida do Camiño de Santiago en kaiak de mar. Do 18 ao 21 de abril realizarase unha experiencia piloto e a continuación as rutas poranse en marcha de forma estable até outubro, sempre que as condicións do tempo o permitan.  


O alcalde presentou esta semana a iniciativa xunto a Alberto Rocha, promotor da mesma, e Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar.


O rexedor tudense explicou na presentación que dende o Concello se apoia todas aquelas vías de peregrinación que teñan Tui como punto de partida. Destacou neste caso a realización do Camiño  por vía fluvial e marítima indo de Catedral a Catedral.


Alberto Rocha explicou que esta peregrinación en kaiak de mar brindará unha visión totalmente distintas dos lugares por onde pasa, dende o río ou o mar cara terra.  Explicou que en abril, do 18 ao 21, farán unha experiencia piloto con etapas un pouco máis longas do que serán logo as rutas que propoñen. Así a partir de aí aqueles que desexen participar nesta iniciativa poderán optar por realizar o Camiño en 5 ou en 10 etapas, completando en todo caso 85 quilómetros en kaiak de mar, e os 25 quilómetros últimos a pé dende Padrón ata Santiago.  Cada grupo deberá estar formado por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 20, indo sempre acompañado por guías, e podendo optar por un k1 ou un k2.


Antonio Paz, presidente da Asociación Galega de Kaiak de Mar, destacou coma nesta iniciativa se xuntan a parte deportiva coa busca de novos retos.  


Pódese ampliar a información sobre esta iniciativa en www.spainkayak.com.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.