Mos
Grandal estuda medidas contra a falta de asistencia dos comuneiros ás asambleas
Lamentou ter 260 comuneiros e non conseguir “aforo para celebrar unha asamblea”.
O pasado domingo 3 de marzo a Comunidade de Montes de Torroso celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, cunha participación de comuneiros que, novamente, resultou moi baixa.
Xa no inicio do acto no punto de aprobación da acta anterior surxiron discrepancias co número de asistentes que figuraban no acta do 8 de abril do ano pasado, e que, en todo caso non chegaban ao mínimo, segundo marca nos Estatutos, para que os acordos –entre os que estaba a elección da nova directiva- tivesen validez.
Camilo Grandal, o actual presidente da Comunidade de Montes de Torroso, recoñecía que hai un “problema do censo de comuneiros” e lamentaba que “todo o mundo quere ser comunero pero é imprescindible asistir as asambleas”.
Sobre a participación mínima que esixen os vixentes Estatutos recoñecía tamén que “nunca se planteou este tema” e que “se non había aforo suficiente se aprobaban as cousas e non pasaba nada” pero apuntaba a posibilidade de que se non se cumpre co aforo mínimo esixido “pódese impugnar unha asamblea”.
O alcance do asunto sorprende ainda máis tras recoñecer públicamente que había comuneiros que “en trinta anos nunca asistiron a unha asamblea” lamentándose de ter 260 comuneiros e non conseguir “ter aforo para celebrar unha asamblea”.
O presidente deixaba claro na súa intervención que cos Estatuos na man “pódese suspender a un comuneiro que falte a tres asembleas” e amosou a súa preocupación ante a posibilidade de que se impugnaran acordos que non se acadaron coa maioría suficiente que marcan os Estatutos.
Como medida para evitar estas faltas de asistencia propuxo unha “ordenación e revisión do actual censo” indo polas casas para actualizar estes datos que semellan estar xa obsoletos.
Motivos e desinterese
Algúns dos asistentes sinalaron a falta de motivación da xente nova ou datas e horarios, coma motivos para a non asistencia.
Os comuneiros animaron a que se invitase á xente nova a participar “doutra maneira”, pedindo máis reunións informativas. Ademáis houbo queixas sobre o pouco tempo que se lle adica a informar aos comuneirtos dos temas importantes salientando que “en dúas horas ao ano non da tempo a tratar todos os temas”.
Tamén destacaron que se estaban a tomar medidas que afectaría “aos nosos fillos e a xente nova sen contar con eles”. Pediron que se poña en valor os montes no so os edificios, para que no haxa desarraigo del”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141