Viernes, 20 de Marzo de 2026

Actualizada Viernes, 20 de Marzo de 2026 a las 17:18:10 horas

Xornal21.es
Sábado, 23 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño ten unha decena de persoas que superan os cen anos

Dora Lamela Calvo fixo recentemente os 100 anos rodeada da súa familia e veciñanza

Tomiño é un concello con cifras importantes de poboación moza. Na actualidade ten 13.852 habitantes, dos cales un 51% son homes e un 49% mulleres, sendo o grupo máis amplo o de poboación activa con 7.628 habitantes e tendo tamén un bo número de poboación infantil e adolescente (2398 habitantes).

 

Aínda así, o concello ten máis dunha decena de persoas centenarias na actualidade e os habitantes de entre 80 e 104 anos superan os 930. Entre eles, está Adoración “Dora” Lamela Calvo, que vén de facer os 100 hai uns días. Ela é un caso excepcional, xa que se atopa no pleno uso das súas facultades físicas e psíquicas, de memoria, etc. Os seus coidadores, María Luisa (filla) e Modesto (xenro) teñen moito que ver con este benestar; tamén o resto da familia (tres fillos, cinco netos e cinco bisnetos). Todos os días, reúnense na casa familiar para disfrutar da matriarca da familia, que coñece perfectamente a cada quen e pregunta diariamente por eles. Entre os seus cinco netos (Isabel, Rosario, Pablo, Samuel e Daniel), a primeira é coma unha filla, xa que a criou e están moi unidas.

 

Dora está ben e na súa festa de aniversario tivo unha festa moi bonita, na que non faltaron nin sequera as treboadas e as bombas de palenque.


Naceu o 10 de febreiro de 1919 en Tebra (Tomiño) e con 26 casouse con Daniel Martínez. Con el tivo catro fillos (Mª Luisa, Adelina, Nieves e José) e traballou na casa e máis no campo. Eran tempos difíciles no que so gañaba tres perras nunha xornada. Ademais e por esas cousas da vida rural de aqueles anos, converteuse en practicante e puña inxeccións a todos os veciños e veciñas, sen cobrar.

 

Agora pasa as súas horas en compañía dos seus familiares, mirando a tele e dando algún que outro paseíño corto. A alcaldesa comprometeulla a visitar o novo mercado municipal e a Casa do Concello, durante a súa visita da semana pasada, en compañía da concelleira de Benestar.

 

A que é unha das dez centenarias de Tomiño é unha muller moderna que acepta as cousas coma veñen, viaxou en avión a Montevideo e a Suíza e se puidera, sairía a bailar, algo que sempre lle gustou.

 

Entre as persoas que comparten xeración con ela, hai na actualidade 8 mulleres e dous homes, cuxas idades oscilan entre os 99 e os 104, coma é o caso de Sara Rodríguez Salvador, de Santa Mª de Tomiño, que xa cumpriu os 104.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.