Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 22 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Festival de Cans impulsa unha nova edición de booktrailers e booktubers “Ollo de vidro”

A iniciativa, que está está concibida para fomentar especialmente entre a mocidade a lectura en galego e a creación audiovisual, ten aberta a súa convocatoria ata o próximo 23 de abril

O Festival de Cans impulsa por segundo ano consecutivo un concurso de booktrailers e booktubers co obxectivo de estimular a lectura en galego e a creación audiovisual entre persoas de todas as idades, pero sobre todo entre as máis novas e os máis novos. Faino a través do concurso “Ollo de vidro”, que se enmarca dentro dunha iniciativa da canle de YouTube Recoméndoche un libro, da que o festival forma parte xunto aos Equipos de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas, o I.E.S Castelao O Calvario e a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo; o I.E.S Pino Manso do Porriño. Ademais, a actividade conta tamén coa colaboración da Biblioteca Municipal do Porriño e o patrocinio da Asociación de veciños do Calvario de Vigo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia.

 

Na pasada edición do festival, este concurso tivo moi boa acollida e recibiu preto de medio centenar de obras de toda Galicia creadas por profesionais, estudantado e aficionados e aficionadas á literatura. Esta notable participación á hora de crear pequenas pezas creativas que resuman en imaxes o contido dun libro estivo apoiada e avalada polos diversos cursos previos de realización de booktrailers que tiveron lugar nas semanas previas en varios dos centros que se suman á convocatoria, e que tamén se porán en marcha este ano. De entre todas as obras recibidas arredor de libros de escritores e escritoras como Marilar Aleixandre, Xabier P. Docampo ou Marga Tojo, obtiveron o Premio do Xurado: O principiño, de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago (do IES Pino Manso); o Premio do Público Cando petan na porta pola noite, do Centro Ocupacional do CAD da Pobra do Caramiñal e o Premio Festival de Cans Unha mosca agradecida, de Luz Beloso.

 

 

 

 

O ciclo “Cans todo o ano” regresa á Sala Ingrávida do Porriño o este domingo 24 de marzo coa proxección do filme Dhogs, do cineasta Andrés Goteira

 

 

 

 

Enmarcada nesta edición do festival, na tarde do mércores 22 de maio, terá lugar a final do concurso, na que se desvelarán nomes dos creadores e creadoras dos traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nesta IV edición do proxecto e se repartirán 650 euros en premios en metálico e tamén entradas e estancias para asistir como público ao concurso de curtametraxes do festival.

 

O prazo de inscripción estará aberto ata o día 23 de abril e as bases da convocatoria e o concurso poden seguirse en www.recomendocheunlibro.com.

 

“Cans todo o ano” acolle a proxección de Dhogs e Trote

O ciclo Cans todo o ano, que o Festival de Cans organiza durante todo o ano coa Sala Ingrávida e co CineClube Rebobina, levará este domingo 24 ás 19h00 ata O Porriño a proxección de Dhogs, do cineasta Andrés Goteira, un dos filmes galegos máis premiados dos últimos anos. Na XIII edición do Festival de Cans, tivemos o privilexio de poder ver en exclusiva as primeiras imaxes e coñecer o estado do filme, ao igual que sucedeu o pasado ano con Trote, de Xacio Baño, que se proxectará na Sala Ingrávida o domingo 28 de abril.

 

As entradas pódense adquirir na Sala Ingrávida ou anticipadamente a través da web www.ticketea.com.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.