MOTOR
Un pneumático para MTB eléctricas
No curso do desenvolvemento da innovadora gama de pneumáticos MICHELIN E-Wild, os enxeñeiros do Centro de Investigación e Desenvolvemento de Michelin inspiráronse nos pneumáticos de descenso e Enduro para bicicleta de montaña da marca.
Posto que o pneumático traseiro debe estar preparado para absorber máis impactos, o pneumático MICHELIN E- Wild traseiro é máis resistente que o dianteiro. A cuberta deriva neste caso da utilizada para os prototipos de carreiras de descenso, co obxectivo de maximizar a resistencia e a tracción, grazas á súa capacidade para rodar con baixas presións.
Doutra banda, o pneumático dianteiro está baseado nas cubertas de enduro, para combinar a robustez necesaria cun excelente agarre cando os riders pilotan as súas bicicletas costa abaixo.
Xuntos, os pneumáticos MICHELIN E- Wild dianteiro e traseiro contribúen a minimizar a cantidade de enerxía necesaria para rodar, mellorando a eficiencia e reducindo así a demandas da batería, o que permite unha maior autonomía con cada carga. O deseño das cubertas tamén optimiza o peso dos novos pneumáticos para bicicletas de montaña eléctricas, que a igualdade de dimensións é equivalente ao dos pneumáticos convencionais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163