GALICIA
O vigués Miguel Costas, este domingo en “Hoxe con Manquiña”
Coñeceremos a faciana máis persoal do autor indiscutible das míticas cancións dos grupos Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz
Voz dunha xeración dun rock que semella extinguido Miguel Costas abre o seu corazón nesta nova entrega de Hoxe con Manquiña para contar a súa vida dende o seu rabioso presente ata os seus comezos.
A relación coa súa muller recentemente falecida, o gusto pola música por parte dos seus fillos, a cantidade de amigos que fixo na súa historia musical…. Unha mirada ao pasado sen ira recoñecendo os seus momentos máis polémicos e mediáticos dende a súa casa en Escairón (Lugo).
Cun sen fin de himnos que son identidade da xuventude galega dos 80 e 90 Costas é autor indiscutible das míticas cancións dos grupos Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz. Coñeceremos de primeira man a súa casa, o seu estudio e viaxaremos a un pasado onde o rock e a música eran outra cousa.
O programa, producido por Ézaro Films, emitirase na Televisión de Galicia (TVG) ás 00.10 horas
O programa, producido por Ézaro Films, emitirase na Televisión de Galicia (TVG) este domingo ás 00.10 horas.
Hoxe con Manquiña
En “Hoxe con Manquiña” teremos a oportunidade de continuar a coñecer a faciana máis íntima e persoal dos nosos galegos e galegas máis famosos e recoñecidos. Neste novo espazo de Televisión de Galicia, ademais de indagar nos aspectos menos coñecidos dos nosos convidados, teremos tamén a ocasión de descubrir o seu punto de vista sobre fitos do pasado que viviron en primeira persoa e, como non, tamén da actualidade.
Ademais achegarémonos á xente da rúa para tratar de averiguar o que saben sobre os nosos convidados e contaremos cunha sección sorpresa para o entrevistado na que recibirán unha mensaxe de alguén moi especial e querido para cada un deles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11