GALICIA
Feijóo felicita ao sector turístico galego cuxas 282 Q de calidade acreditan a súa permanente expansión e renovación
Resalta tamén os datos publicados polo INE que indican que 6 de cada 10 turistas que chegan a Galicia fano fóra do verán. Así, no mes de febreiro vendéronse na Comunidade máis de 330.000 noites, un 2% máis que en febreiro do pasado ano
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou hoxe ao sector turístico galego cuxas 282 Q de Calidade acreditan, dixo, a súa permanente expansión e renovación.
Durante o acto de entrega dos diplomas Q de Calidade Turística 2018, Feijóo destacou o éxito patente no récord de certificacións que sitúan á Comunidade galega como a segunda neste tipo de distincións e a primeira da España Verde. Un éxito que se traduce na chegada de 4,8 millóns de visitantes no ano 2018, no incremento da estadía media e tamén no gasto; e que se verifica, así mesmo, no Camiño de Santiago que superou os 320.000 peregrinos en 2018 e se diversifica polos diferentes itinerarios.
Nesta mesma liña, felicitou ao sector pola súa aposta pola desestacionalización, como reflicten os datos publicados polo INE sobre aloxamento hoteleiro, que indican que 6 de cada 10 turistas que chegan a Galicia fano fóra do verán. Así, no mes de febreiro vendéronse na Comunidade máis de 330.000 noites, un 2% máis que en febreiro do pasado ano.
Sostén que a hospitalidade galega non se limita a un recinto concreto ou a unha actividade específica; “é unha singularidade de Galicia enteira”, di, precisando que os visitantes poden desfrutar dun turismo de convivencia
O responsable do Executivo autonómico aproveitou o evento para salientar que a hospitalidade galega non se limita a un recinto concreto ou a unha actividade específica; “é unha singularidade de Galicia enteira”, dixo, precisando que os visitantes poden disfrutar dun turismo de convivencia.
“En Galicia cada galego é un anfitrión. O sector turístico abrangue a todo un pobo que entende a dobre faciana do turismo como ingreso económico e como proxección amable dunha comunidade”, dixo, subliñando que esa Galicia anfitrioa sabe aproveitar o valor da paisaxe, como proba o feito de que das 6 empresas españolas de turismo activo con Q de Calidiade, 4 sexan galegas; ou que a Autonomía galega sexa líder en España en portos deportivos certificados coa Q de calidade e, tamén, en aloxamentos rurais e no turismo industrial que inclúe as adegas.
Así mesmo, no eido termal, resaltou que Galicia sitúase como a segunda potencia europea, concentrando ademais preto do 20% dos hoteis españois coa certificación de calidade. Só é superada polo País Vasco en axencias de viaxe certificadas e ocupa o segundo posto nacional en servizos de restauración coa Q de calidade.
Feijóo concluíu referíndose ao recoñecemento á excelencia ao restaurante A Tafona de Lucía Freitas; “hai tradición e innovación nesta cociñeira compostelá que sabe facer de cada prato unha mensaxe de galeguidade”, aseverou, sinalando que este acto proba que Galicia conta cos mellores profesionais e co mellor país para facer do Xacobeo 2021 un novo fito na andaina desta Comunidade, anfitrioa do mundo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11